Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro de ADEGA-Lugo polo Monte Pindo
Domingo, 20. Maio 2012, 09:45
Este domingo, 20 de maio, ADEGA Lugo convídate a visitar o Monte Pindo, lugar de culto relixioso e pagán, refuxio da poboación, escapada de meigas e demos, testemuña de reis e bispos,  morada dos celtas… Dise que alí está soterrada a Raíña Lupa envolta en ouro. Veremos todas as riquezas do Monte Pindo en tan só 12 quilómetros, durante un percorrido de 7 horas. Subiremos ao cumio máis alto desta mole pedregosa e logo descendermos cara o mar. Os nosos guías serán os compañeiros da Asoc. “Monte Pindo Parque Natural”, que están a loitar para que este lugar máxico sexa protexido como se merece.

HORARIOS DE SAÍDA:

-Dende Lugo: de diante da Facultade de Formación do Profesorado  ás 8.00 h.
-Dende Compostela:
no Pazo de Congresos  ás 9.45 h.

RESERVAS: chamar ao 679113718 ou ao 982240299.

Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s

PREZOS:
Xeral...................................................................................... 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro………….............................12 €
Soci@s.................................................................................. 10 €
Até 17 anos............................................................................. 5 €

PRÓXIMO ROTEIRO DE ADEGA LUGO : 17 Xuño: Serra do Galiñeiro (Vigo)

+INFO: roteirosadegalugo.blogaliza.org

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA