Compostaxe comunitaria nas hortas de Belvís |
|
|
Venres, 11. Maio 2012, 17:00
|
|
A compostaxe comunitaria nas hortas de Belvis
Este venres 11 de maio ás 17:00h poñeremos a andar a experiencia da compostaxe comunitaria nas hortas de Belvis.
O composteiro é o complemento ideal para o bo funcionamento nunha horta. Así temos un espazo para botar todos os residuos orgánicos xerados e convertelos en compost mediante a sinxela e tradicional técnica da compostaxe. Ademais o compost podemos utilizalo como abono para a práctica da agricultura. Deste xeito pechamos o ciclo da material orgánica nas hortas de Belvis.
A particularidade destas hortas é que son urbanas polo que os usuarios e usuarias das hortas cuxa vivenda son pisos tamén poderán compostar os residuos orgánicos xerados na casa, aumentando a taxa de reciclaxe e sendo mais autosuficientes na xestión dos residuos.
A actividade do venres nas hortas de Belvis consistirá nunha explicación da técnica da compostaxe impartida por unha educadora ambiental de ADEGA, acondicionamento da zona, instalación do composteiro e primeiros pasos para un bo funcionamento do composteiro, ao remate da actividade poderemos compartir unha merenda nas hortas.
Máis info: María R Lafuente 628 37 88 04
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
|
Volver
|