Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro de ADEGA-Lugo por Santo Estevo do Ermo
Domingo, 25. Marzo 2012, 09:00

fervenza_barreirosO vindeiro domingo 25 de marzo, ADEGA Lugo realiza outro roteiro no marco dos roteiros 2011-2012 adicados á Galiza Máxica. Desta volta, iremos ao concello de Barreiros, cuxos montes de litoral agochan varias lendas de personaxes lexendarias (bispo Maeloc ou o Apóstolo Santiago) e de ritos máxicos en fontes, capelas ou fervenzas. O roteiro será duns 13 quilómetros e de dificultade medio-baixa.
O autobús partirá desde Lugo, desde a Facultade de Formación de Profesorado ás 9 horas (pola hora nova, tras o cambio horario!).
Descarrega o Cartaz

O roteiro partirá das fermosas praias de Barreiros de Remior e Anguieira, e tras bordear a Ría de Foz, chegaremos a chamada Lagoa dos parrulos. Alí colleremos camiño das Eiras (lugar de San Cosme de Barreiros) polas que se sube até chegar á capela de Santo Estevo do Ermo. Logo de xantar, partiremos cara ao monte de Penabor, desde onde poderemos contemplar toda a franxa costeira de Barreiros e Foz, a uns 350 metros de altura. Polo camiño acompañaranos o misticismo, ademais das variadas lendas do lugar. Atoparémonos con fontes milagreiras, coa pegada do cabalo do Apóstolo Santiago e cunha paisaxe de fervenzas e montes, nos que o bispo Maeloc perdeu un diamante azul.

O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás 9.00 h (pola hora nova).

Domingo, 25 de marzo de 2012

Xeral.......................................................................................... 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro………….................................12 €
Soci@s..................................................................................... 10 €
Até 17 anos................................................................................ 5 €

Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s

Próximos roteiros:
22 abril: Monte Cachelmo (Touriñán)
20 maio: Monte Pindo (Costa da Morte)
17 xuño: Serra do Galiñeiro (Vigo)

+info: roteirosadegalugo.blogaliza.org

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA