Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro de ADEGA-Lugo ás penas encantadas de Outeiro de Rei
Domingo, 27. Novembro 2011, 09:00

penas_rodasEste domingo 27 de novembro ADEGA Lugo convoca o segundo roteiro deste ano pola Galiza Máxica. Desta volta, visitaremos un espazo natural protexido, ás beiras do Río Miño, onde o bosque de ribeira se mestura con carballeiras, en engaiolantes insuas que forman un labirinto de auga , terra e vexetación. Pasaremos polas insuas do Piago, a área recreativa de Santa Isabel até chegar a un dos lugares máxicos da zona: a milagreira “Fonte dos Cochizos”. Tras coller de novo o bus, chegarmos ao enigmático lugar Penas de Rodas, onde unha trabe é de ouro e outra de alcatrán. Remataremos na Insua de Seivane. Descarga aquí o PROGRAMA.

O percorrido é de dificultade media, e non demasiado  longo, os nenos son benvidos sempre que vaian ben coidados polos seus pais, xa que iremos por estreitos carreiros moi perto das augas caudalosas do río. Dado a época do ano e as características do terreo, é imprescindible levar calzado impermeable e roupa axeitada a choiva e, por suposto, auga e comida na mochila.

O PIAGO
O autobús deixaranos no aparcadoiro de “Marcelle Natureza”, pero non entraremos nesas instalacións, camiñaremos ate chegar ao Río Miño e continuaremos pola súa fermosa beira até “O Piago”. Pararemos a disfrutar da beleza dese lugar o tempo necesario. Desde alí, e despois dun curto treito por unha estrada, entraremos no “Camiño do Miño” que levaranos á área recreativa de Santa Isabel.
SANTA ISABEL
Neste fermoso lugar  atoparemos uns paneis explicativos da fauna e flora do LIC Parga-Ladra-Támoga. A seguinte, e curta etapa ,outra vez por estrada, será para visitar a “Fonte dos Cochizos” na Parroquia de Santa Mariña. A "Fonte dos Cochizos", en Santa Mariña, presenta unha inscrición onde se eloxian as calidades milagreiras da súa auga para a curación dos cativos que teñan cochizos (bostelas típicas que saen nos beizos pola febre) ou calquera outra ferida na boca, e incluso, problemas de pronunciación.

SAÍDA: O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado (antiga Escola de Maxisterio) ás 9.00 h.
RESERVA: Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.
CONSELLOS: Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s

PREZOS:

Xeral.......................................................................................... 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro………….................................................12 €
Soci@s........................................................................................ 10 €
Até 17 anos................................................................................ .. 5 €

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO:
18 Decembro: Cerva Branca (Cervantes)
29 Xaneiro: A Cova da Serpe (Friol)
25 marzo: Monte Cornería (Barreiros)
26 Febreiro: Cabo do Mundo (Ribeira Sacra)
22 Abril: Monte Cachelmo (Touriñán)

 

20 Maio: Monte Pindo (Costa da Morte)
17 Xuño: Serra do Galiñeiro (Vigo)

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA