Concentración contra a Lei de Montes |
|
|
Xoves, 17. Novembro 2011, 10:30
|
|
ADEGA apoia o chamado do colectivo de axentes forestais a unha concentración de protesta este xoves 17 ás 10:30 h fronte á Dirección Xeral de Montes (San Lázaro, Compostela). Folleto_LEI_MONTES (298 Kb)
O Goberno da Xunta, de xeito deliberado, esta a deixar sen funcións e sen medios materiais e humáns a este colectivo de funcionarios (560 prazas) e orquestando uns cambios lexislativos que, o fin, van repercutir no dereito que temos todolos cidadáns a disfrutar dun medio ambiente axeitado e da conservación do patrimonio natural de Galiza.
A lei de Montes de Galiza que pretende o Goberno da Xunta elimina e deriva competencias que ata o de agora eran súas. Unha grande parte das funcións dos axentes forestais (ademais da coñecida dirección de extinción de incendios) ten que ver co control que a admón debera exercer sobre os aproveitamentos forestais, a tutela e xestión dos Montes Veciñais en Man Común, as repoboacións, cambios de cultivo e uso do solo, control da forestación de terreos agrícolas e demais competencias da lei de incendios (distancias seguridade...), control dos terreos queimados (como o pastoreo que pasa a competencia municipal)... |
Volver
|