Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Concentración contra a Lei de Montes
Xoves, 17. Novembro 2011, 10:30
ADEGA apoia o chamado do colectivo de axentes forestais a unha concentración de protesta este xoves 17 ás 10:30 h fronte á Dirección Xeral de Montes (San Lázaro, Compostela).  Folleto_LEI_MONTES (298 Kb)

O Goberno da Xunta, de xeito deliberado, esta a deixar sen funcións e sen medios materiais e humáns a este colectivo de funcionarios (560 prazas) e orquestando uns cambios lexislativos que, o fin, van repercutir no dereito que temos todolos cidadáns a disfrutar dun medio ambiente axeitado e da conservación do  patrimonio natural de Galiza.

A lei de Montes de Galiza que pretende o Goberno da Xunta elimina e deriva competencias que ata o de agora eran súas. Unha grande parte das funcións dos axentes  forestais (ademais da coñecida dirección de extinción de incendios) ten que ver co control que a admón debera exercer sobre os aproveitamentos forestais, a tutela e xestión dos Montes Veciñais en Man Común, as repoboacións, cambios de cultivo e uso do solo, control da forestación de terreos agrícolas e demais competencias da lei de incendios (distancias seguridade...), control dos terreos queimados (como o pastoreo que pasa a competencia municipal)...

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA