Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Festa da sidra na Eira da Xoana
Sábado, 5. Novembro 2011, 11:00

SÁBADO 5 de novembro: FESTA DA SIDRA

Coa colaboración de FRUGA e C.F.E.A.

Esta xornada de festa ten como obxectivo reivindicar unha actividade ancestral na Galiza que irresponsablemente perdeuse co tempo.
A sidra foi bebida común no noso país elaborada a partir de variedades de mazá autóctona, variedades  que desgraciadamente fóronse perdendo ou están a piques de desaparecer.
Hai na Ulloa  restos de lagares onde se producía sidra e contan que na mesma Eira da Xoana se facía  unha sidra moi apreciada e saborosa.
Nestos momentos, máis que nunca, consideramos  necesario recuperar a producción de alimentos elaborados con productos locais e ecolóxicos, dúas condicións que a sidra cumple sobradamente.

Este ano, por coincidencia  coa festa do magosto, xuntamos os dous motivos para celebrar un día no que os froitos do outono serán os protagonistas.

PROGRAMA:

11.00 h => Emvasado do mel producido na Eira da Xoana

14.30 h => Xantar. Nesta ocasión faremos callos para quen se anote previamente

Menú: Callos, queixo, pan, viño e café.

Prezos: 8 € soci@s , 10 € non socios e 6€ nen@s

Como sempre quen queira pode levar a súa propia comida.

16.30 h =>Elaboración de Sidra dirixidos por Tonecho (Antonio Meixide), amigo, compañeiro de ADEGA e profesor do Centro de Formación de Guísamo.

Durante o día haberá actividades para nen@s relacionadas co Magosto e a festa do Samaín.

Pola tardiña haberá música e literatura de Outono.

NOTAS: Para o xantar é necesario inscribirse antes do día 3 de Novembro chamando a Marcial 638 47 53 22 ou a Pepe Salvadores 659 68 33 84

Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA