Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Manifestación contra as autorizacións ambientais a Ence
Venres, 21. Outubro 2011, 20:30
NON Á RENOVACIÓN DAS AUTORIZACIÓNS AMBIENTAIS A ENCE E ELNOSA!
Cando hai 3 anos o goberno bipartito da Xunta concedía as autorizacións ambientais (AAI) a ENCE e a ELNOSA, denunciamos a irregularidade do proceso e a ilegalidade da concesión. Hoxe, a piques de rematar o prazo da concesión, esiximos á Xunta do PP que non renove estas autorizacións porque seguen existindo as mesmas irregularidades e ilegalidades.
Nin ENCE nin ELNOSA teñen solicitado os preceptivos informes urbanísticos ao Concello de Pontevedra, polo que –de acordo coa Lei- a Xunta tería que dar por finalizado o proceso de tramitación da renovación das AAI.
Ademais, as AAI concedidas son ilegais porque fixan parámetros de vertido moi por riba dos establecidos na Lei de augas residuais urbanas e porque permiten verter mercurio e cadmio á Ría, algo que a Lei de Augas de Galicia prohibe agás cando eses metais pesados proveñan das materias primas utilizadas no proceso industrial, circunstancia que non se dá no caso de ENCE e ELNOSA. De acordo coa Lei, as AAI non se poderían renovar nestas condicións.
E non podemos aceptar a chantaxe das direccións empresarial e sindical de ENCE e ELNOSA, que aproveitan a situación de crise económica e a perda de postos de traballo na comarca para tentar permanecer en Lourizán mais alá do 2018; non podemos esquecer que ENCE e ELNOSA, lonxe de ser a solución, son parte do problema ao impedir a creación de milleiros de postos de traballo derivados da explotación racional dos recursos marisqueiros, pesqueiros, forestais e turísticos.
A presenza do complexo ENCE-ELNOSA en Lourizán hipoteca o futuro da comarca. Por eso é fundamental manter a loita, pois só coa mobilización seremos quen de impedir a continuidade do complexo no seu actual emprazamento e a recuperación da Ría; de feito, a decisión do bipartito de conceder as AAI por só 3 anos deixou ver as dificultades do goberno galego para xustificar a concesión diante dunha opinión pública que esixe a saída do complexo de Lourizán e –nese sentido- supuxo unha victoria do movemento social liderado pola APDR. Hoxe, con esta nova mobilización, esiximos que se cumpra a legalidade e non se renoven as AAI a ENCE e ELNOSA, un primeiro paso para conseguir a victoria definitiva: unha Ría libre do complexo ilegal e contaminante e a recuperación do medio ambiente, a nosa economía e a nosa saúde.
PORQUE AAI RAZÓNS ABONDO: ENCE-ELNOSA FÓRA XA!
VENRES 21 DE OUTUBRO
MANIFESTACIÓN CONTRA A RENOVACIÓN DAS AAI
SAÍDA ÁS 20:30 HORAS DA PRAZA DA FERREIRÍA
Localización : http://www.apdr.info/principal.htm

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA