Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Moving Planet 2011: Marcha Irmandinha en bicicleta
Sábado, 24. Setembro 2011, 11:00

SÁBADO 24 DE SETEMBRO: DENDE O PASADO ATA O PRESENTE EN BICICLETA, A PÉ OU A CABALO

MOVINGPLANET2011Esta actividade consiste nun percorrido en bicicleta, ou tamén a pé, a cabalo, etc dende o Castelo de Pambre (sec. XIV) ata o centro ecoeducacional “Eira da Xoana”. Unímonos así a un acto a nivel mundial, chamado “Moving-Planet”, en favor das enerxías renovables e da redución do consumo de combustibles fósiles.

Organiza ADEGA e "Marcha Irmandiña".

Colabora: Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e Concello de Palas

 

Para máis información sobre o movemento preme eiquí

PROGRAMA:

11.00 h => Encontro diante do Castelo. A seguir visita ó interior do mesmo.

12.00 h => Comezo da marcha, pasando pola Ponte Medieval, sobre o río Pambre, Castro de Remonde dende onde se pode ver o Castelo. Descenso ó Batán onde o Ulla e o Pambre se encontran. Atravesaremos a ponte de Ramil, ata San Martiño, para chegar á Eira da Xoana.

14.30 h => Xantar de convivio (cadaquén trae o seu) no eirado da Eira da Xoana.

Pola tarde=> Apaña de mazás para poder facer nós mesmos en novembro sidra. Precisamos para a conservación das mazás caixas de madeira das que se usan nas fruterías. Se podedes traede algunhas. Quen queira pode traer tamén mazás, preferíblemente das variedades axeitadas para facer sidra, do tipo “peros campaños”, etc.

NOTAS:

1.- As persoas participantes na marcha, deberán traer roupa e calzado axeitados para ir en bici, camiñar, etc.

RAZÓN DE SER DA MARCHA:

Coa saída do Castelo e uníndonos ao movemento "Moving Planet", queremos reivindicar:

    1.- Un planeta onde se reduza o consumo de enerxías fósiles.

    2.- A recuperación e restauración do Castelo de Pambre que, agora aberto, precisa de ser restaurado e feito público, pois ainda non se efectivizou a súa merca definitiva para uso e goce de toda a cidadanía. Lembrar, por outro lado, que o seu interior está nun estado penoso e mesmo con ameaza de caída dalgún dos seus elementos, cos riscos que isto supón para as persoas que o visitan.

    3.- Promover a restauración da contorna do Castelo:

- A Ponte Medieval, que cada inverno que pasa perde algunha pedra, arrastrada pola enxurrada.

- O Camiño Real, coa necesaria recuperación do enlousado de pedra, así como dos caneiros que levaban a auga ás leiras do Castelo.

- O Castro de Ramonde: roza e posta en valor do mesmo.

- O chamado “Muíño do Henrique ou de Xacobe”, en estado ruinoso, e a pé del, a ponte sobre o río Pambre, agora caída.

    4.- Facer visíbel esta rexión, na que Adega tamén desenvolve a súa actividade ecoeducacional, a través do proxecto; “Aldea verde, recuperación de saberes populares”.

Dado o compromiso que todos e todas os galegos e galegas deberiamos ter coa cultura e lingua galegas, queremos chamar a atención sobre o feito de que todos os carteis colocados polo Concello de Palas estean en lingua castelá, cando existe normativa autonómica que insta ás entidades locais a promover a lingua propia de Galiza, ou sexa: O GALEGO

Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA