Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Suba reivindicativa ao Monte Seixo
Sábado, 27. Agosto 2011, 10:00

O sábado 27 de agosto, encarreiraremos unha vez máis os nosos pasos cara aos altos do monte do Seixo (Terra de Montes), a Montaña Máxica, dez anos despois da súa conversión en parque eólico.

Ascenderemos en coche dende Cerdedo até Chan de Mamas. Principiaremos a nosa camiñada en Chan de Mamas deica Portalén e o Marco do Vento ou, quizais, deica Santa Mariña.

Se o día acompañar, xantaremos nalgún dos piñeirais do Seixo, ao socairo dos aeroxeradores. Se chover, o plan B contempla a posibilidade de facelo a cuberto, nun establecemento hostaleiro de Cerdedo, en troco das consumicións.

O roteiro e moi levadeiro, apto para todos os públicos. O punto de encontro é a praza da igrexa da Cerdedo, a iso das 10'00 h. Agardaremos un chisco polos que veñen de lonxe.

Animádevos. Vémonos o 27. Salvemos o Seixo!!

Apoian: Asociación Pola Defensa da Ría (Pontevedra), A.C. Amigas da Cultura (Pontevedra), A.C. Canón de Pau (Cotobade), Asociación de Mulleres Espadela (Cerdedo), Instituto Galego de Estudos Célticos, C.S. Lume (Vigo), A.C. Trentinán (A Lama), Vaipolorio (Ponte Vedra), Asociación Ecoloxista e Cultural Verbo Xido (Terra de Montes), ADEGA

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA