Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro á braña dos Aguillóns, no Monte Pindo
Sábado, 6. Agosto 2011, 10:00

Voluntariado no Monte Pindo: Roteiro á Braña dos Aguillóns

A Asociación Monte Pindo Parque Natural volve a coller o fouciño o sábado 6 de agosto, como xa fixemos anteriormente na Pedra Cabalgada, para seguir abrindo novas posibilidades de explorar todos os misterios do Monte Pindo.
Nesta ocasión, o roteiro que abriremos levaranos ata os Aguillóns, unha inmensa braña á que se sube desde Caldebarcos e cuxo acceso está na actualidade practicamente intransitable, cousa que agardamos corrixir coa vosa axuda. Ali agardaranos unha sorpresa moi especial que nos reservaremos como recompensa para todos os amigos e as amigas que veñan a axudarnos con esta actividade de voluntariado. Como pista, só dicir que estivo na boca de todos nos últimos días.
Nesta actividade colaboran os veciños de Caldebarcos a través da asociación veciñal Xurde Caldebarcos e a Comunidade de Montes, sempre tan activos na defensa do seu monte e das súas tradicións. ADEGA-Costa da Morte apoia esta iniciativa. Alí nos vemos!
Voluntariado no Monte Pindo: Roteiro á Braña dos Aguillóns
Sábado 6 de agosto

PROGRAMA

10:00h. Saída desde a estrada xeral AC-550 ao seu paso por Caldebarcos (entre os restaurantes O Feitizo e Casa da Crega).

Durante o roteiro iremos limpando o camiño e despois xantaremos na Braña dos Aguillóns.

Despois do xantar desenvolveremos diversas actividades de lecer, antes de comezar a descender.

Os e as asistentes deberán traer:
  • Fouciño (ou outro enser para o desbroce) e luvas de protección.
  • Mochila con cando menos xantar e bebida.
  • Calzado cómodo e roupa acaída ás condicións meteorolóxicas do día.
Confirma a túa asistencia en Facebook, escribindo a  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou chamando ao 651 376 769.
Localización : http://www.montepindo.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA