Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
II Mostra Intercultural Solidaria der Cambre
Sábado, 18. Xuño 2011, 13:00 - 14:00

IImostraCambreADEGA Coruña presentará na comarca a súa campaña “Ponte no Medio. Móvete polo territorio” o próximo sábado día 18 de xuño ás 13.00 horas no centro sociocultural O Graxal, ubicado na rúa Rosalía de Castro (O Graxal, Cambre). Esta presentación terá lugar no marco da celebración da II Mostra Intercultural Solidaria de Cambre, que terá lugar ao longo do próximo fin de semana, e onde estarán presentes diversas entidades asociadas ao mundo da cooperación e a solidaridade.

Trala presentación, na que se dará lectura ao manifesto, abrirase un coloquio co público asistente no que se debatirá sobre o estado do territorio e as posibles actuacións a levar a cabo. Ademáis ADEGA ofrecerá información durante toda a fin de semana no seu posto en dita feira, que terá lugar no polideportivo do Graxal en horario de 11 a 14 e de 18 a 21 ambos días

Localización : Centro sociocultural O Graxal, ubicado na rúa Rosalía de Castro (O Graxal, Cambre) e no polideportivo do Graxal

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA