Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Celebra o día da Biodiversidade na Eira da Xoana
Sábado, 21. Maio 2011, 11:00
SÁBADO 21 DE MAIO: CELEBRACIÓN DO DÍA DA DIVERSIDADE CULTURAL E NATURAL

PROGRAMA:

11.00h =>  Charla sobre a Margaritífera margaritífera (mexilón de río) e a súa importancia nos ecosistemas acuáticos. Impartida por Sabela Lois Lugilde do Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da USC.

11.30h => Adopción do Río Ulla (saída ao río e inspección de primavera)

14.00h => Xantar de convivio (cada persoa aportará o que queira)

16.30h => Acto literario e musical para conmemorar o Día das Letras Galegas e da Biodiversidade

Dentro do programa de visitas guiadas pola contorna da Eira da Xoana para escolares e grupos organizados, o vindeiro sábado 21 serán os alumnos do IES Fonsagrada e do CEIP San Martiño de Pontevedra, os que da man do compañeiro Marcial coñezan estas terras.

Esta visita constitúe o premio que concede o programa Correlingua 2011 pola súa contribución a prol da difusión do Galego.

Estes rapaces, depois da visita, compartirán a celebración do Día da Diversidade Cultural e Natural.

Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA