Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
RoteirRíos 2001: visita ao río Tamuxe
Sábado, 2. Abril 2011, 08:30
Comezaremos este Roteirríos 2011 visitando as obras realizadas no río Tamuxe no Concello d'O Rosal o día 2 de abril. Abaixo aparece o programa provisional para este roteiro, así como a dispoñibilidade de prazas e información da preinscrición.

Programa provisional

Sábado, 2 de abril de 2011.

08:30 Saída de Compostela.
10.30 Chegada ao Concello de O Rosal.
11.00 Roteiro polo río Tamuxe ,para coñcer a restauración fluvial realizada
14.00 Xantar.
16.30 Visita aos Muíños do Folón e Picón. (Poderánse plantexar alternativas a esta visita, como visitar o Eco Museo de Vilanova da Cerveira ou o proxecto de Custodia do territorio da asociación ANABAM).
18.30 Saída para Compostela.
20.30 Chegada a Compostela.


Prazas e preinscricións:

As prazas para os roteiros son limitadas, ao entendermos que un grupo reducido axudará a coñecernos mellor, facilitará o achegamento á zona e causará un menor impacto no espazo visitado. O Proxecto Ríos financia unha parte dos roteiros, sendo 8€ o prezo a desembolsar polos participantes. Na web do Proxecto Ríos irémosvos informando dos puntos de encontro, mapas do percorrido, etc.


Se estás interesado/a en participar ponte en contacto coa coordinación do Proxecto Ríos. Proxecto Ríos Travesa de Basquiños, 9 Baixo 15704 Santiago de Compostela
Ou ben por correo electrónico ou por teléfone:

Ramsés Pérez Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; Telf.: 616 238 050 / 981 57 00 99
Paco Bañobre Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ; Telf.: 619 672 038 / 981 57 00 99

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA