1º Mercado activo en Muros |
|
|
Desde Venres, 18. Marzo 2011 - 20:00 Até Sábado, 19. Marzo 2011 - 17:00
|
|
1º MERCADO ACTIVO EN MUROS
Mel, alimentos ecolóxicos e artesanía de proximidade.
Venres Día 18: Ás 20:00h na Casa da Cultura de Muros- Charla/ debate sobre organismos xenéticamente modificados (OXM). Fins Eirexas- Seretario Executivo de ADEGA. Proxeción do filme "Salmonopoly" dirixido por Wilfred Huissman sobre a produción de salmóns en gaiolas na costa sur chilena pola multinacional Marine Harvest, e trata tamén as investigacións e experimentacións que se están a realizar con salmóns transxénicos para a piscicultura. Este documental escolléuse por ser unha problemática de actualidade que afecta ás rías galegas e a diversas poboacións costeiras pola implementación do Plano Acuícola (ou agora o novo Plano Director da Acuicultura) da Xunta de Galiza. Sábado Día 19: De 10:00h a 14:00h e de 16:30 a 19:30h no Mercado de Muros- Haberá indicadores dende a estrada xeral para chegar ao edificio do mercado que está no casco histórico da vila. 9:00h- Instalación dos postos. 10:00h- Apertura ao público Cata de mel galego Obradoiro/mostra de cesteiría 14:00h- Peche para o xantar 16:30h- Apertura Obradoiro mostra de olería. 19:30h- Peche.

|
Volver
|