Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro polo Monte Pindo a favor do Parque Natural
Domingo, 30. Xaneiro 2011, 09:50 - 16:00
Temos o pracer de informarvos que a Asociación Monte Pindo Parque Natural vai como tal a súa primeira subida ao Monte Pindo, accedendo por un dos roteiros máis sinxelos, o que parte desde a aldea do Fieiro, no veciño concello de Mazaricos.

Este domingo 29 de xaneiro reunirémomos ás 9:30 da mañá da Confraría de Pescadores do Pindo para distribuirnos, coa previsión de comezar o ascenso non máis tarde das 10 da mañá. O descenso emprenderíase a primeira hora da tardiña.

Rógase que quen teña interese en participar considere os seguintes aspectos:
Aconséllase levar un calzado cómodo e seguro, asi como roupa moi abrigosa, pois aínda que a probabilidade de precipitacións é mínima, prevense temperaturas algo baixas.
Almorzaremos no alto do Monte Pindo, polo que cada quen debe levar o seu xantar e bebida.
Se ben este roteiro é pouco dificultoso e non dura aló dunha hora, cada quen debe ser consciente das súas propias limitacións personais.
Se desexas participar só tes que anotarte en Facebook ou mandar un mail a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Noutra orde de cousas, lembramos que cada vez menos días para colaborar co flashmob do Monte Pindo, e se ben o prazo que se dera ata o día 31 de xaneiro é flexible, non debéramos esperar ao último día e precisamos moitos máis videos.
Localización : http://www.montepindo.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA