Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Participa co teu vídeo no "flashmob" do Monte Pindo
Martes, 18. Xaneiro 2011, 08:00

A Asociación Monte Pindo Parque Natural atópase inmersa nunha campaña de difusión e apoio á iniciativa, lanzada por ADEGA, e recentemente rexeitada pola Xunta de criazón do Parque Natural do Monte Pindo. Como parte desta campaña, están a realizar un FlashMob, para o cal precisamos da vosa colaboración.


COMO SE VAI FACER?
O logo da Asociación irá pasando de man en man entre os nosos amigos en todo o mundo, coma se dunha antorcha olímpica se tratase, para ir acabar á Laxa da Moa, no máis alto do Monte Pindo.

COMO PODO COLABORAR?
É verdadeiramente fácil. Só necesitas imprimir o logo da nosa asociación (que podes baixar EIQUÍ) nun folio e dispor dunha cámara (mesmo unha webcam serve).

Daquela, desde o lugar no que che pete, con quen che pete e como che pete, só tes pasar o noso logo desde un lado a outro da gravación, como se estiveses no medio dunha cadea. É dicir, collelo desde fóra de cámara pola túa dereita e sacalo da cámara pola esquerda.

Podes facer cadeas con máis amigos, gravar desde as localizacións máis emblemáticas da cidade onde vives, vestindo o traxe rexional... O único límite é a túa imaxinación!

Manda as túas colaboracións a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo antes do 31 de xaneiro. Ah, e lembra en que lugar gravastes a túa colaboración.

Sabendo que isto vai ser do teu interese, e tamén que te divertirás, agardamos os teus videos!

Asociación Monte Pindo Parque Natural
O Rabecho s/n, 15296, O Pindo (Carnota)
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo | www.montepindo.org

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA