Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro polo Val de Lóuzara: as verbas e a música das augas caídas
Domingo, 28. Novembro 2010, 09:00
fiz_vergara_copia O vindeiro domingo 28 de novembro ADEGA Lugo pretende lembrar a obra literaria do poeta Fiz Vergara Vilariño e a súa persoa cun roteiro polo Val de Lóuzara (Samos), ao que o poeta alude reiteradamente na súa obra e no que se concentra unha grande riqueza ambiental e sociocultural, como veremos. Nesta andaina acompañaranos a Asociación Cultural Ergueitos, que está a realizar un interesante e importante labor a prol da figura de Fiz Vergara. Este roteiro enmárcase dentro do ciclo de roteiros de ADEGA dedicado á lingua galega. Podes descargar o plano da ruta nesta LIGAZÓN.

Con este vindeiro roteiro polo Val de Lóuzara achegarémonos a esa paisaxe do Lugo interior e á persoa de Fiz Vergara Vilariño que, aínda que estivo afectado parte da súa curta vida por unha enfermidade, deixounos unha fecunda obra literaria. Esta ruta literaria foi promovida pola Asociación Cultural Ergueitos co fin de honrar a obra de Fiz Vergara. Ten ademais a singularidade de que ao longo do traxecto foron colocadas 13 obras escultóricas de diferentes autores (Paco Pestana, Álvaro de la Vega, Mónica Alonso, entre outros) que fan referencia á obra ou a aspectos da vida do poeta.

O punto de partida da ruta é o alto de Aira Padrón. Dende alí poderemos contemplar a fermosa paisaxe que Fiz Vergara recolle nos seus poemas:” Atravesando Aira Padrón / a calquera hora / vense fanegas de xesteiras / e uceiros e carrascos...”. O roteiro continúa cara á casa natal do poeta, na localidade de Santalla de Abaixo. Neste tramo final camiñaremos por unha fermosa senda e deterémonos a contemplar a fervenza de Augadalte e a Fonte da Cova, aludida tamén na obra de Fiz : “Esta fonte da Cova garuleira... en cada golforón dime por que existo / por que estou aquí / xunto ao vello muíño / agardándote...”.

O roteiro é de 8 km aprox e de dificultade baixa. Parte do mesmo discorre por estradas secundarias, polo que se propón levar o chaleco do coche.

PREZOS:

Normal.................................................................................... 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro............................................12 €
Soci@s.................................................................................... 10 €
Ata 17 anos............................................................................... 5 €
Como sempre, o autobús sairá de diante da Escola de Maxiterio de Lugo ás 9.00 horas da mañá.
Prégase puntualidade.
Para participar é preciso anotarse previamente chamando ao 679113718 ou ao 982240299.
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.

PRÓXIMOS ROTEIROS:

19 Decembro: A Educación ao son da Natureza Lugo
23 Xaneiro: Pola terra do Señor das palabras A Chaira
20 Febreiro: Camín d’as Eiras Taramundi
20 Marzo: “Toda humilde beleza me namora…” Mondoñedo
17 Abril: Modelo Burela Burela
29 Maio: “Feros corvos do Xallas…” Costa da Morte
26 Xuño: “Vendo-os assim tão pertinho…” Valença-Monçao

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA