Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Saída de campo dos Verdiñ@s en Compostela
Sábado, 20. Novembro 2010, 11:00 - 13:30

Este sábado 20 de novembro iniciamos as actividades de VERDIÑ@S. Será unha saída ao campo para coñecer cogumelos que medran nos prados e fragas dos arredores de Compostela.

Quedamos o sábado ás 11.00h no Estadio de San Lázaro, na explanada de aparcamento. De alí iremos (nos carros) cara o río Aríns onde daremos un paseo intentando recoñecer os cogumelos que vaimos vendo. A actividade remata á 13.30h no mesmo punto que se iniciou.

NOTA IMPORTANTE: Os pais e nais que traiades aos nenos e nenas tedes que levalos en coche até onde comece a actividade, podendo quedar á mesma ou non. Arredor das 13.15h teriades que vir recollelos.
Os nenos e nenas que participen deberán traer unhas tesouras (infantís) e un cesto para a recoleción dos cogumelos. É necesario que leven roupa e calzado axeitado, así como chubasqueiro e/ou paraugas por se chovera.

Agradeceriamos que nos comunicarades previamente a vosa asistenza.

Apertas, e esperámosvos.

Paco Bañobre González.
Presidente de ADEGA-Compostela.
981 57 00 99 / 619 672 038
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA