Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Palestra en Carnota: razóns para un parque natural no monte Pindo
Sábado, 13. Novembro 2010, 18:30

O pasado 25 de Outubro de 2010 creouse no Pindo a Asociación Monte Pindo Parque Natural para promover a declaración deste insigne espazo natural baixo a citada figura de protección ambiental.

A AMPPN foi fundada basicamente por persoas que representan ás parroquias que rodean o Monte Pindo, ademais de ecoloxistas promotores da idea. É polo tanto unha asociación composta maioritariamente por habitantes das inmediacións do Pindo que orgullosos do seu patrimonio natural e cultural pretenden poñelo en valor para compatibilizar un aproveitamento económico que impulse o turismo sostible e máis unha protección ambiental que sirva para a ordenación do territorio e máis para a protección dos seus grandes valores vexetais, animais, xeolóxicos e patrimoniais.

Con estes obxectivos convócase unha Acto público de presentación da Comisión Rectora da Asociación, que vai ter lugar o vindeiro sábado 13 de novembro de 2010, no Salón de Actos do Concello de Carnota, coa seguinte

PROGRAMACIÓN:

18:30 horas. | Presentación pública da Comisión Rectora da Asociación Monte Pindo Parque Natural.

19:00 horas | Conferencia aberta "Razóns para un parque natural no Monte Pindo"

Cos relatorios de:

  • Xilberto Caamaño Beiro, presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
  • Martiño-Fiz López Lindoso, biólogo e relator da iniciativa "Monte Pindo Parque Natural"
  • Fins Eirexas Santamaría, xeólogo e secretario executivo de ADEGA
  • Juan Ramón Vidal Romaní, xeólogo e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal (UDC)

Ao remate todo o público poderá formular as súas preguntas a calquera dos poñentes.

Localización : http://www.montepindo.org/
http://www.facebook.com/group.php?gid=117313971655999

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA