Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
I Feira de Outono do mercado entre lusco e fusco
Martes, 19. Outubro 2010, 18:00
No Centro de Interpretación Ambiental de Belvís (Compostela)
Varios colectivos e entidades promoven un mercado semanal de produtos ecolóxicos e locais. Proxecto ideado por Andaime e coorganizado por diferentes persoas e colectivos de produtores/as, como Eirado, Lentura ou A Hortiña, ten o apoio da Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel
I FEIRA DE OUTONO DO MERCADO ENTRE LUSCO E FUSCO.
O próximo martes o Mercado entre lusco e fusco vai celebrar a partir das 18h a I Feira de Outono, no Centro de Interpretación Ambiental de Belvís. Após o éxito da I Feira de Verán celebrada o pasado mes de xuño, queremos convidar a todo o mundo a celebrar connosco a chegada do outono. Teremos obradoiros (elaboración de marmeladas e de pasta de dentes), xogos tradicionais, contacontos, castañas, música... Sen esquecer o noso mercado habitual con produtos locais, de temporada, ecolóxicos e de comercio xusto!

PROGRAMA DE ACTIVIDADES.

17:59h | Comezo da Feira

18:30h | Obradoiro de elaboración de pasta de dentes. ADEGA

19:00h | Mercado de troco (comezo e recollida). Verdegaia

19:00h | Documental "Que culpa tiene el tomate", no Museo do Pobo Galego. [Dentro da V Mostra de cinema etnográfico]

19:15h | Contacontos. lolanda Aldrei

19:45h | Obradoiro de elaboración de marmeladas. A Hortiña

20:15h | Mercado de troco (sorteo)

21:15h | Magosto/desgustación

21:45h | "Os Estalotes"

Ao longo de toda a festa: Degustación de produtos de temporada! Diego Freire dinamizará a Feira | Xogos tradicionais. Asociación de xogos tradicionais

MERCADO ENTRE LUSCO E FUSCO: POLO CONSUMO RESPONSÁBEL. Este proxecto consiste na organización dun mercado de serán de produtos locais, ecolóxicos e de comercio xusto en Santiago de Compostela. A idea naceu da necesidade de ofrecer unha alternativa real para as persoas que teñen horario de oficina, que estudan polas mañás ou que simplemente non poden acudir aos mercados locais composteláns nos seus horarios de negocio. O que se pretende é ofrecer un espazo onde poder mercar alimentos básicos, como produtos de horta, legumes e froitas, que sexan locais e de calidade a aquelas persoas que por diversas causas se vexan abocados aos supermercados ou ás grandes superficies. A potenciación da economía local desde o punto de vista do consumo é outro dos eixos fundamentais deste proxecto. De forma paralela, intégranse no mercado actividades de divulgación do consumo responsable (obradoiros, charlas etc.) e mesmo se realizan mercados de troco e outras iniciativas semellantes que axudan a dinamizar e concienciar a un tempo.
COLABORACIÓN PRODUTORES/AS-CONSUMIDORES/AS. Podemos afirmar que este é un dos primeiros proxectos desenvolvidos entre consumidores/as e produtores/as onde se teñen en conta as necesidades e desexos de cada un dos colectivos implicados. O contacto directo entre produtor/a e consumidor/a, o estabelecemento de relacións onde a confianza mútua é importante, a ausencia de intermediarios que encarezan os produtos ou a recuperación da tradición dos mercados populares son só algúns dos atractivos que nos animaron á hora de lanzar esta iniciativa, pioneira na nosa cidade.
APOIO INSTITUCIONAL. É grazas ao interese mostrado desde o comezo pola Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel do Concello de Santiago de Compostela que poderemos contar semanalmente, desde o día 22 de xuño do actual ano, cun espazo para o mercado, accesíbel e ben comunicado con diferentes zonas da cidade.
DESENVOLVEMENTO DO MERCADO. O mercado ten carácter semanal, desenvolvéndose todos os martes de 18 a 21 horas no parque de Belvís. Como demostra esta Feira de Outono, cada tres meses o mercado convértese nunha festa con actividades, música etc. co obxectivo de promover os produtos de temporada, é dicir, os específicos de cada estación.

Contacto | email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo | tlf: 620137121 (Óscar Senra)

Facebook do Mercado entre lusco e fusco | http://tiny.cc/facebookmer

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA