Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
ADEGA en Terractiva 2010
Desde Sábado, 2. Outubro 2010 -  10:00
Até Domingo, 3. Outubro 2010 - 17:00

TERRACTIVA 2010

Lugar: Recinto Feiral de Arzúa (r/ Padre Pardo s/n)
Días: sábado 2 e domingo 3 de outubro

Horario: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.

Alén do tradicional stand con información sobre as actividades de ADEGA e diverso material divulgativo, estas son as actividades nas que participa ADEGA na feira Terractiva deste 2010:

 

LIMPA-ROTEIRO FLUVIAL*, colaboración entre ADEGA e a Asociación de Troiteiros do Río Furelos. Aproveitando unha xornada que se fai de limpeza do treito que discorre entre Ramil e o castelo de Pambre (3 km) realizarase unha limpeza das canles e beiras dos ríos Tambre e Ulla.

Sairá un autobús desde o recinto feiral e regresará ao final da actividade.
*Aconséllase levar botas de auga.
Lugar: Saída do Recinto Feiral de Arzúa (r/ Padre Pardo s/n)
Día: domingo 3 de outubro
Horario: de 11:00 a 14:00

PALESTRAS:

A recuperación activa dos saberes populares: A Eira da Xoana. (Adela Figueroa e Marcial Barral, ADEGA)

Lugar: Aula D (1º andar Recinto Feiral)
Día: domingo 3 de outubro
Horario: 18.30 h

A Eira da Xoana é a casa que ADEGA ten no Alto Ulla, na aldea de Ramil, concello da Golada. Esta casiña forma parte dun proxecto ambicioso que combina a Educación Ambiental, a necesidade de integrármonos no entorno como colectivo, a ocupación do rural con actuacions alternativas, renovadoras e recuperadoras de vellos saberes. Con este proxecto, ADEGA procura dar unha alternativa viábel ao dramático abandono do noso rural, ocupándoo fisicamente, para traballar nel cun espírito de respecto e capacidade de aprendizaxe da cultura tradicional, e tamén coa aportación de visións máis modernas como a da cultura da sustentabilidade e da custodia do territorio.

A custodia do territorio (Manuel Ferro, Técnico de desenvolvemento local)

Lugar: Aula A (1º andar Recinto Feiral)
Día: sábado 2 de outubro
Horario: 12.00 h

Explicarase o que significa esta nova figura de xestión do territorio e que xa ten algunhas experiencias en funcionamento en Galiza. Tratarase de dar unha visión da situación actual de implantación no territorio estatal e galego desta nova forma de xestión, baseada na conservación da natureza. Exporase como o exemplo o proxecto de custodia do territorio da bacía alta do río Ulla.

O camiño que quedou polo camiño. Mitos, lendas e rituais de camiñantes (Ricardo Polín. Doutor en Filoloxía Medieval)
Lugar: Aula D (1º andar Recinto Feiral)
Día: sábado 2 de outubro
Horario: 18.00 h

Breve aproximación aos elementos caracterizadores do Camiño de Santiago como B.I.C fronte á preocupante transformación deste nun recurso mediático tendente a substituír os valores históricos e paisaxísticos da cultura camiñeira que lle son afíns, cuestión que será abordada tomando como referencia a casuística propia da vía primitiva a Compostela e outras derivas semellantes.

Arzúa e as infraestructuras do transporte terrestre (Xosé Carlos Fernández. Enxeñeiro técnico de obras públicas)
Lugar: Aula D (1º andar Recinto Feiral)
Día: sábado 2 de outubro
Horario: 18.45 h

Repaso ás vías terrestres que serven a Arzúa  para comunicarse con outras poboacións en coas VACs, vías de gran capacidade. Abordaremos as carencias destas vías e proxectos en curso pra resolvelas ou melloralas. Posibilidade e conveniencia de que Arzúa conte cunha liña de ferrocarril que comunique con Santiago e con Lugo.

Mesa redonda: “O urbanismo en Galiza. O exemplo de Barreiros” (Froilán Pallín (secretario xeral de ADEGA)

-Fernando Abel Vilela (profesor de dereito administrativo na USC)
-Un representante do colectivo "Máis talento, menos cemento"
Lugar: Aula A (1º andar Recinto Feiral)
Día: domingo 3 de outubro
Horario: 12.30 h

ADEGA e a plataforma “Máis talento, menos cemento” darán unha visión da realidade urbanística que está a sufrir Galiza nestes momentos, nomeadamente no litoral, e da necesidade da actuación social fronte as inxustizas exercidas no territorio polas construtoras e os poderes políticos local e autonómico. Barreiros, localidade da Mariña de Lugo, será tratado como o referente do que pode ser a política urbanística e de ordenación do territorio no futuro.


EXPOSICIÓN: “O lobo, unha carreira pola supervivencia”: unha mostra iniciativa de ADEGA, ERVA e AAAGP (Asociación de Amizade das Artes Galego Portuguesa), que pretende ser unha alegato para a conservación do lobo e dos seus hábitats ante as moitas e potentes ameazas ás que está sometido pola acción humana. Tamén tenta achegar a figura deste morador ás persoas, como elemento da nosa cultura, do noso imaxinario, da nosa paisaxe e da nosa diversidade natural co que hai que convivir. A exposición é posible grazas á colaboración de máis de 60 artistas galegos e portugueses que a través da súa obra pictórica, literaria, fotográfica e audiovisual amosan unha visión diferente, amigable e solidaria co depredador máis senlleiro dos nosos montes.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA