Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Ponte as botas: III xornada de limpeza simultánea de ríos
Domingo, 3. Outubro 2010, 10:00
botas.jpgDespois do éxito das xornadas anteriores de limpeza simultánea en ríos (2008 e 2009), repítese a experiencia o este domingo 3 de outubro. A limpeza desenvolverase en colaboración con concellos e distintas entidades e asociacións. Un dos problemas máis graves que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. A pesares de levar dúas campañas, seguen aparecendo moreas de plásticos e entullos, elementos xa case habituais nos cursos fluviais. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos e promover actitudes  responsábeis cara a conservación do medio natural e dos ecosistemas fluviais. O coidado e o respecto pola contorna farían innecesarias nun futuro actividades como esta, de aí que depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os nosos ríos.

O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademáis de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar.

Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. Os anos anteriores retiraronse un total de 18 toneladas de lixo (estimados) de orixe diverso e incluso variopinto (neveiras, rodas, radiografías, colchóns...)

Este ano animamos aos participantes a pesar o lixo retirado e a difundir no propio concello a idea de que o río non é un vertedoiro.

As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do/a coordinador/a de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza.

Podedes consultar, na seguinte táboa, cal é o/a coordinador/a de cada zona:

 

Grupo/Concello

Persoa de contacto

Teléfone

A CORUÑA: ADEGA-Coruña
Amancio Sotillo
678799376
A ESTRADA: Asociación pola Defensa do Val do Liñares
Chus Goldar
626 768826
BETANZOS: Asociación Rabo de Galo
Fernando Bandín
660 586554
CAMBRE : Participación cidadá
Ricardo Puertas
679 499868
CARRAL: Departamento de medio ambiente 
María José
981 613520
CELANOVA: ADEGA- Ourense
Xan Carlos
629 635945
COMPOSTELA: ADEGA-Compostela
Marga Miguens
981 570099/680 503435
CUNTIS: Asociación O Fervedoiro
Heitor Picallo
676 188619
FENE: AETNA  Asociación etnográfica
Cesar Perez
649 243611/ 981 360661
FERROL: ADEGA- Ferrolterra
Nes López
649 779774
LALÍN: Departamento de Medio Ambiente
Xose Manuel
616 937854
ARZÚA: ADEGA Lugo
Marcial Barral
638 475322
NEDA: Asociación Néboa
Maria Ruán
646 156421
MELIDE:  Asociación de troiteiros do río Furelos
Xavier 
696 607348
MUXÍA: Departamento de de asuntos sociais
Viqui
661 925367
ORDES: Departamento de Medio Ambiente - ADEGA-Ordes
Beatriz Busto
981 680157
PONTEAREAS:
Plataforma Defendendo o Tea
Marta
696 655089
PONTEVEDRA: Vai polo Río
Xosé Feijoo
676 842942
RIBADUMIA: Colectivo Ecoloxista do Salnés-Asociación Roi Vicente
Mª Dolores Barreiro
660 928463
SALCEDA DE CASELAS:
Asociación TRECECATORCE
Fran Rei
615 421199
SAN SADURNIÑO:
Departamento  de cultura e deportes
Agustin Perez
616 332919
TERRA DE MONTES: Asociación ‘Verbo Xido’
Lola Varela
630 031605
VIGO: ADEGA-Vigo
Xan Vilaboa
629 271224
XOVE: ADEGA-A Mariña
Desireé González
651 600173

 

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA