Festa da Cabra na Eira da Xoana |
|
|
Desde Sábado, 7. Agosto 2010 - 08:00 Até Domingo, 8. Agosto 2010 - 23:59
|
|
Os vindeiros 7 e 8 de agosto ADEGA celebra a Festa da Cabra na Eira da Xoana, en Ramil (Agolada) cos veciñ@s, socio@s e amig@s que queiran achegarse. Aproveitaremos estas xornadas para seguir coidando e dando vida a este pequeno recuncho marabilloso, rodeado dese monte do que ADEGA tamén fai parte e que atesoura moitas riquezas: mámoas, petróglifos, humidais, etc.
O PROGRAMA DE ACTIVIDADES é o seguinte:
SÁBADO, 7 DE AGOSTO
11.00 h Traballos de acondicionamento.
14.00 h Pausa para xantar (cadaquén trae o seu).
15.00 h Roteiro pola contorna da Eira da Xoana.
16.30 h Continuación dos traballos e preparación das mesas para a festa.
20.00 h Remate dos traballos e visita ás “Torrentes” e o “monte comunal”.
DOMINGO, 8 DE AGOSTO
11.00 h Roteiro pola zona custodiada do “biduedo” e a “dorsal galega”.
14.00 h Xantar posto pola organización ( 10 euros; socios, 8 euros).
16.30 h Sobremesa musical ( cadaquén pode traer o seu instrumento).
Tarde/Noite: Xogos populares e animado convivio até a noitiña. Haberá dúas orquestras que amenizarán a festa até a madrugada.
As persoas interesadas en participar deberán avisar antes do xoves día 5 de agosto, aos tfs: 981 570 099 ou 638 475 322.
Mapa de acceso á Eira da Xoana

|
Localización : Ramil, Agolada |
Volver
|