Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Apresentación da "Guía visual das bolboretas ibéricas dirunas" en Vigo
Sábado, 12. Xaneiro 2013, 16:00

A presentación do libro “MARIPOSAS POR LA VIDA. Guía visual de las mariposas ibéricas diurnas”, resultado do proxecto Objetiu Natura da Fundación Internacional Miquel Valls contra a Esclerose Lateral Amiotrofica (en homenaxe ao naturalista Gabino Martín Toral), será no auditorio da Obra Social Novacaixagalicia, Vigo, o sábado 12 de xaneiro a partir das 16:00 h., co seguinte programa:

Ás 16:00 h: Presentación do libro polos autores (Juan Ramón Córdoba León e José Manuel Sesma Moranas) e a fundación Miquel Valls.  

Ás 17:00 h: Presentación dun taller de fotografía guiado por Juan Ramón Córdoba León. 

Ás 18:00 h: Charla e exposición dun tema específico relacionado coas bolboretas diurnas, guiado por Rafael Estévez Rodríguez fotógrafo vigués e experto na materia.     

Ás 19:00 h: Conferencia sobre a importancia da fotografía na consecución de datos en materia entomolóxica por parte da cidadanía. Ponente  José Manuel Sesma Moranas, autor e presidente de Biodiversidad Virtual.   

Ás 20:00 h: Charla coloquio/taller de identificación das bolboretas diurnas máis complicadas morfoloxicamente, interacionando co público asistente. Ponentes: Juan Ramón Córdoba León, José Manuel Sesma Moranas, Luis Canencia Suárez, Rafael Estévez Rodríguez e José Alvarez Gándara.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA