Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
10 anos das Corcerizas
Sábado, 29. Setembro 2012, 11:30

10 anos compartindo alternativas! celébrao con nós

Os/as Amigos da Terra convidanche a partillar un momento moi especial:

O 10 ANIVERSARIO DE AS CORCERIZAS!

Achégate a As Corcerizas a fin de semana do 29-30 de setembro, e disfruta das actividades ambientais e obradorios dunha programación lúdica e participativa (esperamos a túa aportación!). E pola noite… festa rachada, música e lembranzas!

Programa:

Sábado

11.30 Encontro

12.00 Introdución aos sistemas de fitodepuración – Que son, alternativas existentes
Práctica no Filtro de Macrofitas en Flotación (F.M.F.). Contamos coa colaboración de Javier Santiago, de Tp3 oficina técnica forestal – Galicia

14.00 Xantar (por conta das participantes)

16.30 Microorganismos Efectivos: que son e como empregalos? Obradoiro de EM Dango (bolas de arxila con Microorganismos Efectivos). Contamos coa colaboración de Juan Gaiteiro e Andrés Reboreda, Reboreda SL Sanidade Vexetal

18.00 Obradoiro de elaboración de pan ecolóxico. Contamos coa colaboración dun socio que propuxo a actividade

Comparte a túa experiencia con todos/as nós achegando unha nova proposta!Podes desenvolver algún obradorio enfocado dende distintos eidos: ecolóxico, social, emocional…

Novo!: Obradoiro Rocket Stove, estufa eficiente con barro

21.30 Cea compartida coa comida que levaremos cada unha

E FESTAAAA!!!!!! ata que aguantemos! O aloxamento será no albergue

Domingo

11.00 Almorzo, organizado dende Amigos da Terra

Propoñemos un mercadiño de troco: trae roupa, libros, ou calquera cousa que non uses e penses que outras persoas poidan querer para trocar.

A aportación para a fin de semana é de 10 € por persoa.

Pregamos confirmación da túa asistencia

Localización : www.ascorcerizas.com

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA