Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
30 de xaneiro, Día escolar pola Paz
Luns, 30. Xaneiro 2012, 12:00 - 21:00
30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR POLA PAZ
O SGEP FAI UN CHAMAMENTO Ó PROFESORADO PARA QUE CELEBRE ESTA EFEMÉRIDE NAS AULAS E NOS CENTROS ESCOLARES
OFERTA NUMEROSOS MATERIAIS E RECURSOS NA SÚA WEB
ACTO NA HORTA DA PAZ DA CASA DE ROSALÍA DE CASTRO EN PADRÓN
ENTREGA DO PREMIO PORTAPAZ A D. PAUL RÍOS, VOCEIRO DE LOKARRI, NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA
Como ven sendo habitual desde hai xa 26 anos (1985), o Seminario Galego de Educación para a Paz ven promovendo, nas aulas e na vida, a celebración do DÍA ESCOLAR DA NONVIOLENCIA E A PAZ, cada 30 de Xaneiro, data na que se lembra o cabodano do asasinato de Mahatma Gandhi. Unha efeméride que contemplan a maioría dos colexios e institutos de Galicia no seu Plan de Centro e arredor do que organizan actividades diversas adaptadas ás distintas idades do alumnado, así como actos colectivos de diverso tipo.
Nesta ocasión, no 64 Aniversario da morte de Gandhi (1948-2012), o Seminario Galego de Educación para a Paz, por medio da súa web: www.sgep.org, ofrece a todo o profesorado, moi diversos materiais e recursos didácticos que poden baixarse gratuítamente da rede e cos que preparar a citada celebración. Entre outros, por exemplo, un documento de José Tuvilla, en galego, titulado: A construción social e educativa da cidadanía: dereitos humanos e cultura de paz con distintas propostas didácticas; unha moi vistosa campaña denominada Paraugas pola Paz coa que o alumnado pinta e decora paraugas que logo expón ou colga por pasillos e corredores, realiza unha marcha, etc, con lemas e cores pacifistas; varias Unidades Didácticas sobre distintos contidos da educación para a paz como "Educar nos afectos, frear a violencia"; diferentes recursos e materiais sobre "Conflictividade e Convivencia Escolar"; ou unha reflexión teórica titulada "La educación, la cultura de la paz y los derechos humanos: El currículum de la noviolencia" elaborada polo Presidente do SGEP, Manuel Dios Diz.
Ademais dos recursos citados, na web do Seminario, pódese acceder, tamén, a varios audiovisuais como "En son de Paz"; "Cultura de Paz" ou á curta de ficción "Por nada" sobre o ciberacoso.
Por último, o Seminario Galego de Educación para a Paz, o propio día 30 de Xaneiro, luns, organiza dous actos relevantes, un pola mañán, ás 12:00 horas do mediodía, con alumnado da comarca padroesa, na Horta da Paz da Casa de Rosalía de Castro, e outro pola tarde, ás 19:00 horas, no Auditorio da Cidade da Cultura de Galicia, a Cerimonia de entrega do PREMIO PORTAPAZ 2011 a D. Paul Ríos, voceiro de Lokarri, Rede Cidadá polo Acordo, a Consulta e a Reconciliación de Euskadi, polo seu papel (e o da súa entidade) na organización da Conferencia de Paz de Aiete que dou paso ó final definitivo das accións armadas de ETA. Logo do Acto haberá unha CEA DE HOMENAXE co galardoado.
O Programa do citado Acto é o que segue:
19:00: Apertura Musical. Actuación de Loli Nogueira.
19:15: Intervencións Institucionais.
19:30: Presentación dos Paraugas pola Paz por alumnado de distintos colexios e institutos.
20:00: Entrega do Premio Portapaz 2011.
20:15: Conferencia coloquio a cargo de D. Paul Ríos.
21:00: Clausura Musical.
A entrada será libre e gatuíta.
Localización : http://www.sgep.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA