Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
III mercado ecolóxico pola defensa da terra en Quilmas
Sábado, 1. Outubro 2011, 10:00

IIImercado3ª edición do MERCADO ECOLÓXICO- TRADICIONAL "POLA DEFENSA DA TERRA". Coma sempre será en Quilmas, o sábado 1 de Outubro.

O domingo 2 de outubro realizarase tamén en Carnota a IV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS, actividade á que vos animamos a vir por ser gran interese a concienciación cidadá cara o voluntariado medioambiental, aparte que o percorrido escollido é de gran beleza e merece a pena coñecelo.

 

PROGRAMA

Sábado 1 de Outubro

Mercado ecolóxico tradicional de hortalizas, mel, alimentación ecolóxica e artesanía de proximidade das 10 da mañá ata a tardiña, con parada para o xantar. Degustación de diferentes variedades de tomate e mel. Música animosa durante todo o día.

Diferentes postos informativos de asociacións que defenden o territorio, promoven a biodiversidade e fomentan o consumo responsable.

Barra da Raínha Lupa con produtos biolóxicos e naturais.
Posibilidade de facer o xantar na feira xa que haberá un pulpeiro e diversos postos con empanadas, e outros produtos caseiros....

Domingo 2 de Outubro
POLA MAÑÁ ás 10:30 h.

Saída dende Quilmas para realizar a limpeza dun tramo do río de Vadebois, a actividade terá unha duración de 2 horas aproximadamente.

Esta actividade voluntaria realizarase de xeito simultáneo en 31 concellos galegos e está organizada polo  PROXECTO RÍOS (http://limpeza.proxectorios.org/) que leva anos facendo educación ambiental e formando a grupos de persoas que custodian os ríos e fan seguimentos periódicos do seu estado vital. Desta volta, a entidade coordinadora en Carnota é ADEGA-Costa da Morte e, para acudir, precísase de facer unha inscrición previa través dunha chamada ao 697.364.124.

Esta xornada rematará na Lagoa de Caldebarcos onde, conmemorando o Día Mundial das Aves, realizarase un avistamento de paxaros nesta marisma.

Recoméndase levar botas de auga, luvas e prismáticos

 

PARTICIPANTES no MERCADO:

Horta
Dolores (Teo)- Hortalizas e roquillas.
Xulio e Belén (Cambre)- Respostería, pemento do couto, empanadas.
Raínha Lupa (Quilmas)- Hortalizas, mel, fariñas e pan, conservas e aromáticas.
Senra SCG (A Estrada)- Horta e mel.
Millo e Landras (Vilasantar)- Queixo fresco, rixós, chourizos e carne de porco celta, horta.
Casa do Campo (A Estrada)- Hortalizas, pan, conservas.
Finca de Cora (A Estrada)- Hortalizas, pizzas, galletas e conservas.
Milhulloa (Palas de Rei)- Herbas menciñeiras e grelos deshidratados e cosmética natural.
Carme de Socastro (Socastro- Rois)- Horta e queixos.

Mel
Monte Veciñal de Caldebarcos e San Cibrán (Caldebarcos)- Mel
AGA (Arzúa)- Mel
Santi (Louro)- Mel, requeixo e alimentación ecolóxica.

Asociacións/colectivos
ADEGA
Sindicato Labrego Galego- SLG
Asociación Galega de Apicultura- AGA
Monte Pindo Parque Natural
ZocaMiñoca- Cooperativa de consumo responsable
Implicadas no desenvolvemento- ONG

Artesanía
BolaTola (Panchés)- Cosmética natural. xabróns, ungüentos, cremas...
Charo (San Mamede)- Cerámica.
Charamusca (Canedo)- Cerámica
Nacho Porto (Cornido)- Cerámica
Cesteiro de Rois- Cesteiría tradicional
Francisco (Porto do Son)- Cesteiría tradicional
Susana (Quiroga)- Cerámica e mandís con materiais reutilizados.
O pano encantado (Ponteceso)- Roupa para nenos.
Carme (Louro)- Diademas e adornos con teas reutilizadas.

Outros
Menduíña (Cangas)- Cervexa artesá
Empanadas de millo (Rois)- Filloas, empanadas, etc...
Ánxel (O Carballiño)- Pulpeiría
Equisol (Santiago)- Comercio Xusto
Queixería Don Gabino (Vilalba)- Queixo de San Simón.

Lembrar que todas as persoas que expoñen neste mercado fan unha produción sustentable e respectuosa co medio e comercializan directamente os seus produtos.


Máis info:

Coop. de Agricultura Ecolóxica
Raínha Lupa
S.Coop.G
Quilmas nº 24- Bx.
15295- CARNOTA
Tlfs. 981 760 227 ou 697 364 124
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Contacto : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA