Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Manifestación antitouradas en Pontevedra
Sábado, 13. Agosto 2011, 20:00
cartaz-cor-2011-pAs tempadas taurinas, as escolas e as gandeirías son financiadas con diñeiro público que tamén pagamos as galegas e os galegos, que somos os que menos interese temos nas touradas en todo o Estado. Segundo diversas enquisas, o 90% consideramos que a tortura dos animais como diversión debe ser suprimida, e a inmensa maioría da poboación nunca
asistimos nen asistiremos a unha corrida de touros. Por todo isto demandamos:
1. O cese inmediato de axudas encobertas ás touradas por parte de todas as Institucións Públicas, nomeadamente a Deputación de Pontevedra, principal soporte público na nosa cidade.
2. Que o Parlamento de Galiza modifique a "Lei 1/1993 de Protección de Animais Domésticos ou Salvaxes en Cautividade" que exclúe no seu artigo 5º as touradas, para que prohíba estas actividades.
3. O cese do uso de espazos públicos para a promoción das touradas, así como a supresión nos programas de festas editados polo noso Concello.
4. A declaración de Pontevedra como "Cidade Antitouradas e amiga dos Animais".
5.Areconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos.
A TORTURA NON E ARTE NEN CULTURA CONTRA AS TOURADAS

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA