Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Curso de compostaxe e reparto de composteiros en Poio
Luns, 13. Xuño 2011, 20:00
O luns 13 de xuño procederase ao curso de compostaxe e reparto dos composteiros no concello de Poio.

Este curso terá lugar no centro de formación A Reiboa ás 20:00h. Os veciños e veciñas de Poio terán a oportunidade de aprender a xestionar os residuos orgánicos xerados na propia vivenda e formaran parte dun programa de educación ambiental ónde se lles facilitará un composteiro dunha capacidade de 320L e un manual de compostaxe, ademais ao longo de sete meses recibiran tres visitas dunha educadora ambiental de ADEGA para observar o proceso e resolver dúbidas.

Con esta iniciativa o concellería de medio ambiente pretende reducir a cantidade de residuos xerados, xestionar os residuos no mesmo lugar onde se producen evitando o transporte e sensibilizar a poboación na reciclaxe así como a súa implicación na resolución da problemática do lixo.

Ao longo de este proxecto piloto avaliarase a repercusión social desta iniciativa así como a redución de residuos orgánicos.

Máis información: María R Lafuente 628 37 88 04 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA