Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Concentración anti-encoro do Umia en Caldas
Sábado, 2. Outubro 2010, 12:00

Ante a preocupante situación de contaminación quer está a sufrir o río Umia, situación que se repite todos os veráns, urxe buscar unha solución definitiva para o río, a auga e o conxunto do ecosistema fluvial. É o momento de que a administración traballe por fin para, como manda a lei de Augas e a Directiva Marco da Auga, darlle prioridade ao abastecemento e á recuperación do ecosistema fluvial por riba do negocio hidroeléctrico.

Coa finalidade de expresar publicamente esta esixencia ante Augas de Galiza e de facer unha chamada de atención á cidadanía en xeral sobre os perigos desta contaminación para a saúde do río e da xente, dende ADEGA e a Coordenadora Anti-encoro de Caldas convocamos para o próximo

Sábado 2 de outubro, ás 12 da mañán

no muro do encoro de Caldas

un acto reivindicativo,

ao que están especialmente convocados os grupos políticos da Corporación Municipal de Caldas, veciñanza, ecoloxistas e público en xeral, durante o que se despregará unha pancarta esixindo

AUGA PARA A VIDA E AUGA PARA BEBER ANTES QUE PARA O NEGOCIO

Despregarase tamén outra faixa reclamando que se actúe con sentido común e que, polo tanto,  non se vacile en acordar a DEMOLICIÓN dun encoro que non está servindo nin vai poder servir para nada do que dicía a declaración de utilidade pública de 1996.

O acto acabará coa lectura dun escrito recollendo os argumentos en defensa da saúde do río e da auga que se lle entregarán ao Presidente de Augas de Galiza na entrevista que temos xa comprometida para o próximo xoves, día 7, na sé deste organismo.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA