Adega
INICIO Actividades

Vídeos ADEGA-Ourense:

A seca do Sil por Iberdrola

vidsecasil.jpg

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
II curso práctico de apicultura na Eira da Xoana
Domingo, 30. Maio 2010, 10:00
CURSO PRÁCTICO DE APICULTURA NA “EIRA DA XOANA”

Organiza: ADEGA

Colabora: AGA (Asociación Galega de Apicultura)

Data: Domingo, 30 de maio

Lugar : Eira da Xoana- Ramil (Agolada)

Información e inscricións: Marcial Barral. Tel.: 638 475 322

Despois de termos colocado as colmeas no inverno, agora é tempo de lle botar unha ollada á nosa alvariza e ver como están as súas pequenas e numerosas inquilinas. Aproveitaremos entón o bon tempo deste fin de semana para achegarmonos ao incríbel mundo das abellas, tan favorecedoras do ambiente e da agricultura em xeral.

Un dos obxectivos desta actividade é mellorar os coñecimentos d@s soci@s, viciños e interesados en xeral, animándoos a se introducir neste mundiño apaixonante.

PROGRAMA, domingo 30 de maio

11.00 h Charla teórica sobre a actividade e a apicultura en xeral

11.45 h Imos á alvariza: ollar a “cámara de cría, comprobando o seu estado e, só se for necesario, dar un tratamento (sempre será alternativo aos de síntese). Colocar as “alzas”.

14.00 h Xantar: cada un trae o seu  que compartillamos, se queremos, c@s compañeir@s.

16.00 h Imos ao Cotón dos Fogos onde, @s que queiramos, tiraremos unha foto que enviaremos ao programa “Montañas en Rede” co lema deste ano: “As montañas sí importan”, para logo continuarmos cun pequeno roteiro até o monte custodiado do biduedo (custodia do territorio)

19.00 h Fin da actividade

 

NOTAS : Prezo da actividade para os non socios de ADEGA/AGA : 3 euros. A AGA dispón dalgunhas caretas, mais non está de máis que traiades a vosa (as abellas pican, ás veces)

Aproveitamos para informar de que nos dias 5 e 6 de xuño, organizado por AGA, celébrase o II FORO APÍCOLA, en Arzúa

 

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA