Roteiro de ADEGA-Lugo polo Monte Pindo |
|
|
Domingo, 20. Maio 2012, 09:45
|
|
Este domingo, 20 de maio, ADEGA Lugo convídate a visitar o Monte Pindo, lugar de culto relixioso e pagán, refuxio da poboación, escapada de meigas e demos, testemuña de reis e bispos, morada dos celtas… Dise que alí está soterrada a Raíña Lupa envolta en ouro. Veremos todas as riquezas do Monte Pindo en tan só 12 quilómetros, durante un percorrido de 7 horas. Subiremos ao cumio máis alto desta mole pedregosa e logo descendermos cara o mar. Os nosos guías serán os compañeiros da Asoc. “Monte Pindo Parque Natural”, que están a loitar para que este lugar máxico sexa protexido como se merece.
HORARIOS DE SAÍDA:
-Dende Lugo: de diante da Facultade de Formación do Profesorado ás 8.00 h. -Dende Compostela: no Pazo de Congresos ás 9.45 h.
RESERVAS: chamar ao 679113718 ou ao 982240299.
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s
PREZOS: Xeral...................................................................................... 15 € Estudantes, xubilad@s e no paro………….............................12 € Soci@s.................................................................................. 10 € Até 17 anos............................................................................. 5 €
PRÓXIMO ROTEIRO DE ADEGA LUGO : 17 Xuño: Serra do Galiñeiro (Vigo)
+INFO: roteirosadegalugo.blogaliza.org
|
Volver
|