Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Xornada apícola en Lugo
Venres, 4. Maio 2012, 19:00
XORNADA APÍCOLA EN  LUGO

Día 4 de maio de 2012, ás 19 horas

Lugar: Salón de actos da Deputación Provincial.

A apicultura, unha actividade multifuncional

PRESENTACIÓN

Desde a súa fundación, ano 1980, A Asociación Galega de Apicultura AGA desenvolveu e participou nunha serie de actividades que modernizaron a nosa apicultura procurando satisfacer os intereses tanto dos abelleiros afeccionados coma daqueles que teñen ánimo de lucro con esta actividade, respectando sempre a natureza e comportamento das nosas amigas e imprescendibles abellas, desenvolvendo darredor delas unha actividade sustentable e da máis grande importancia ecolóxica.

 

A innovación, o coidado  e o desenvolvemento de novos produtos apícolas foi outra constante que desde AGA se tivo sempre presente co ánimo de satisfacer aos consumidores máis esixentes que buscan a calidade na súa alimentación e aprecian os beneficios terapéuticos destes produtos.

 

Na actualidade AGA está centrada na exploración de todos os campos que conforman  este variado e complexo mundo apícola. Baixo a denominación de “a apicultura, unha actividade multifuncional” estamos situando as abellas e os abelleiros no centro da conservación da biodiversidade,e da produción de alimentos debido ao efecto polinizador das nosas abellas.

 

Poderíamos traer mel de lugares moi afastados daquí, pero non poderíamos importar a polinización da flora silvestre nin das plantas cultivadas, polo tanto de non existir as abellas nos nosos campos, a biodiversidade, a paisaxe e a gastronomía non tería nada que ver co que temos. Poderíamos pois, importar o mel, pero endexamais a polinización imprescindible.

Según datos do parlamento europeo, o 80% das plantas con flores e o 84% das plantas cultivadas son polinizadas polas abellas, e tamén que o 76% da nosa alimentación depende da presenza das abellas nos nosos campos.

 

 

Para que a nosa actividade teña éxito é fundamental que a nosa agricultura tamén sexa unha actividade sostible e respectuosa co medio ambiente. Unha nova agricultura libre de agrotóxicos e transxénicos é necesaria para que as nosas abellas continúen a prestar un servicio público gratuíto e dun incalculable valor, esta será sempre unha demanda de AGA.


Unha apicultura multifuncional, representa unha produción apícola pero, sobre todo, representa biodiversidade e produción de alimentos en xeral, esta é a mensaxe que lles queremos transmitir con esta xornada apícola.

 

Presenta: Abel Yáñez Arnesto, presidente de honra de AGA

-A apicultura, unha actividade necesaria para a vida na terra, por Xesús Feás, investigador Parga Pondal.

-Pon unha colmea na túa horta, por Suso Asorey, secretário técnico de AGA.

-Apicultura tradicional en Galicia, por  Ernesto Díaz, técnico de La Jurbial Servizos Ambientais.

- A Vespa velutina, grande avéspora asiática.un peligro para as nosas abellas, por Gonzalo Calvo, veterinario de AGA.

-Etiquetado do mel de produción primaria, por Marcos Varela, técnico de AGA.

- Apicultura en Etiopía, por Ovidio Fernández, director de  documentais


Para máis información:

Suso Asorey

Tel: 630069635

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Volver

galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA