Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Roteiro de ADEGA-Lugo á Cova da Serpe
Domingo, 18. Decembro 2011, 09:00
cova_serpe

Este domingo 18 de decembro, ADEGA Lugo convídate de novo a visitar os lugares máxicos de Galiza a través do seu programa de roteiros que, desta volta, nos leva a Friol. Alí achegarémonos á misticidade e ás lendas que rodean a Cova da Serpe, a cal, recentemente, sufriu o impacto da instalación dun parque eólico que ADEGA denunciou, evitando que a propia cova fose destruída. Trátase dun claro exemplo no que o afán pola ocupación territorial obvia o seu interese e destaque patrimonial e cultural. O bus partirá de Lugo (Avenida de Ramón Ferreiro) ás 9 horas da mañá. Para máis información preme no CARTAZ .

 

O punto de partida será a torre de Miraz de Friol. Pasaremos polo “prado da serpe”, lugar no que, segundo unha das lendas, viña beber o enigmático réptil. Visitaremos tamén a área recreativa de Miraz. Na subida á “Cova da serpe” visitaremos a Casa das Neves, un posíbel neveiro do pasado. Neste tramo gozaremos dunha fermosa paisaxe, alterada pola instalación dun parque eólico. O roteiro finalizará no lugar de Anafreita. Parte da ruta discorrerá  polo Camiño Norte.

O percorrido poderá acadar os 15 quilómetros e a dificultade considérase media.

O autobús sairá de diante da Facultade de Formación do Profesorado, na Avenida de Ramón Ferreiro, ás 9.00 horas.

Imprescindible anotarse antes para reservar praza, chamando ao 679113718 ou ao 982240299.

Recoméndase levar roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.

PREZOS:

Xeral............................................................................................ 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro…………....................................12 €
Soci@s......................................................................................... 10 €
Ata 17 anos................................................................................... 5 €

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO

29 de Xaneiro: Cerva Branca (Cervantes)                      22 Abril: Monte Cachelmo (Touriñán)
26 Febreiro: Cabo do Mundo (Ribeira Sacra)                20 Maio: Monte Pindo (Costa da Morte)
25 marzo: Monte Cornería (Barreiros)                           17 Xuño: Serra do Galiñeiro (Vigo)

Agora tamén podes consultar o blog dedicado aos roteiros de ADEGA Lugo: roteirosadegalugo.blogaliza.org

Volver

galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA