Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Inauguración da tempada de roteiros: o Val as Mouras, no Courel
Domingo, 30. Outubro 2011, 09:00

val_mouraComo vén sendo habitual, a Serra do Courel inicia o programa de roteiros de ADEGA-Lugo, que este ano está dedicado á "Galiza máxica. Un país de lendas". Nesta andaina, na que contaremos coa colaboración de SOS Courel, coñeceremos o espectacular conxunto xeomorfolóxico do Val das Mouras, un labirinto cárstico xerado ao longo do tempo mediante procesos  de alteración natural da rocha caliza; e, desde a perspectiva mítica, un lugar máxico de castelos de penedos e hábitat de castiñeiros centenarios que foi, segundo a lenda, un asentamento de mouras. O autobús sairá este domingo, 30 de outubro, ás 9 horas (tras o cambio de hora), desde a Escola de Maxisterio de Lugo. Para apuntarse é imprescindible chamar antes ao 982240299 ou 679113718. Descarga o CARTAZ.

Adentrarémonos no Courel, atravesando o gran dique de cuarzo do Marco do Medio do Mundo, na súa confluencia co río Lor, onde visitaremos a Fervenza do Cachón.

VAL_DAS_MOURAS_2O Val das Mouras é un gran labirinto de rochas brancas que se formou no Courel na noite dos tempos, pola erosión dun subsolo  calcario percorrido  por xigantescas  cavernas. Coma todos os fermosos e estraños lugares da Galiza, foi habitado polas Mouras , das que quedan no Courel abondosas e  fermosas lendas. A Moura galega parece que ten  paralelismo e similitude coa deusa celta Morrigan ou Morrigu, de moitas lendas irlandesas.

Hoxe o Val das Mouras  forma parte do incrible e marabilloso Souto de Mercurín. Dentro deste labirinto encantado visitaremos os Covallois, Antaladoiros, Horto Pechado... Completaremos a xornada no Courel cun percorrido entre o Castro da Torre e Baldomir, de 8 quilómetros e dificultade media, pasando polos castros de Foz e Foucellas.

O roteiro será de aproximadamente 12 quilómetros e de dificultade media.

PREZOS:

Xeral............................................................................................ 15 €
Estudantes, xubilad@s e no paro…………...................................................12 €
Soci@s.......................................................................................... 10 €
Ata 17 anos..................................................................................... 5 €

 

SAÍDA: O autobús sairá de diante da Escola de Maxisterio  ás 9.00 h. (pola hora nova!!!)
Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.
RESERVA PRAZA: Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299.

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO :

27 novembro:  Penas de Rodas (Outeiro de Rei)   25 marzo: Monte Cornería (Barreiros)

18 Decembro: Cerva Branca (Cervantes)              22 Abril: Monte Cachelmo (Touriñán)

29 Xaneiro: A Cova da Serpe (Friol)                     20 Maio: Monte Pindo (Costa da Morte)

26 Febreiro: Cabo do Mundo (Ribeira Sacra)        17 Xuño: Serra do Galiñeiro (Vigo)

Volver

galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA