Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Próximo roteiro de ADEGA-Lugo adicado a Carvalho Calero
Domingo, 19. Decembro 2010, 09:00
Rio_meraO próximo Roteiro pola Lingua de ADEGA-Lugo terá lugar o domingo, 19 de decembro, na cidade de Lugo e estará dedicado ao profesor Ricardo Carvalho Calero, destacado intelectual galego, tanto no campo da creación literaria como no ensino, que fundou os principio da Institución Libre de Ensino, que implicaba unha educación participativa e en contacto coa Natureza.

Rio_mera_2Lembraremos a estancia do poeta Carvalho Calero en Lugo dende 1950 a 1965, onde desenvolveu un relevante papel no Colexio Fingoi. Dende esta institución, que moitos nomean como marabillosa utopía, formou a moitos estudantes na identidade da cultura do país nos tempos escuros da Longa Noite de Pedra, baixo a ditadura franquista. Fora este réxime quen levara a este intelectual ao cárcere e o inhabilitara para o exercicio da actividade pública. O labor docente de Carvalho Calero fixo posible levar á práctica en Lugo os principios da Institución Libre de Ensino, que implicaban unha educación participativa e en contacto coa Natureza.

Acompañaranos tamén neste roteiro os recoñecidos poetas lucenses Isidro Novo e Adela Figueroa que nos recitarán algúns dos poemas de Carvalho Calero e tamén da súa propia obra.

Sairemos andando dende o punto habitual de encontro (Escola de Maxisterio) e iniciaremos propiamente o roteiro na Ponte Romana. Avanzando pola marxe dereita do río Miño tomaremos a Ruta dos Muíños, augas arriba dun un dos seus afluentes, o Río Mera. Neste treito teremos ocasión de ver varios muíños en distintos estados de conservación. Completaremos o roteiro desviándonos no lugar Orbazai por unha variante da ruta de Penarrubia. Volveremos de novo ao punto de saída pola beira dereita do río Miño.

O roteiro é de 14 km aprox. e pode considerarse de dificultade media.

Sairemos de diante da Escola de Maxisterio ás 9 h. Prégase puntualidade.

Imprescindible anotarse chamando ao 679113718 ou ao 982240299

Recoméndase levar roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO:

23 Xaneiro: Pola terra do Señor das palabras A Chaira
20 Febreiro: Camín d’as Eiras Taramundi
20 Marzo: “Toda humilde beleza me namora…” Mondoñedo
17 Abril: Modelo Burela Burela
29 Maio: “Feros corvos do Xallas…” Costa da Morte
26 Xuño: “Vendo-os assim tão pertinho…” Valença-Monçao

Volver

galizamaxica

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA