Adega
INICIO Actividades

ADEGA - Ferrolterra

VIDEOS ADEGA-Ferrolterra

EUME: carbonato por un tubo!

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
7ª Marcha a pé Ferrol-Mugardos contra a planta de gas
Venres, 19. Xullo 2013, 17:00

MMugVII-01Venres 19 de xullo 2013 ás 17 hs.

Parque Carmelo Teixeiro – Caranza – Ferrol

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, do que fai parte ADEGA, convoca a 7ª MARCHA A PÉ FERROL – MUGARDOS, co lema: PECHE XA !

A Marcha, como é habitual cada ano, partirá ás 17 hs. Do Parque Carmelo Teixeiro, xunto a ermida de Caranza, e tras percorrer a Ponte de As Pías, Perlío, Barallobre, Maniños, Franza, A Pedreira e Reganosa rematará no Campo dos Carneiros de Mugardos, onde se recibirá aos camiñantes e a quenes por calquera medio (bici, carro, lancha…) se acheguen, con música e merenda, coma sempre, a módico prezo.

O CCE fai un chamamento a participación e a difusión desta actividade, co ánimo de manifestar publicamente, unha vez máis, a perigosidade da Planta de Gas de Reganosa, unha ameaza constante para a vida de milleiros de persoas, a contaminación da Ría e a destrucción do marisqueo e os seus postos de traballo, a ilegalidade da súa ubicación confirmada pola Sentenza do Tribunal Supremo e o innecesario da súa actividade pola falta de demanda (funciona ao 30% co gasoducto de Tui pechado) e polo antieconómico dos seus resultados (cústanos 60 millóns de euros/ano a toda a cidadanía).

Exixindo o PECHE XA ! Todos e todas a Mugardos o próximo venres 19

Localización : http://cociudem.wordpress.com/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA