Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Manifestación contra a megaminaría contaminante en Compostela
Domingo, 2. Xuño 2013, 12:30

MinariaBanner

Este vindeiro domingo 2 de xuño, unha manchea de organizacións ecoloxistas, sociais e plataformas veciñais convocadas por ContraMINAccion, imos manifestarnos en Compostela en defensa da vida e da terra e contra a megaminaría contaminante. Ducias de de proxectos mineiros pairan sobre o noso ambiente, agardando para arramplar cos nosos recursos deixando contaminación e desfaitas ecolóxicas.

Corcoesto, O Galiñeiro, Castrelo de Miño, Xinzo, Cartelle, A Terra Chá, O Iribio, Santa Comba, Zas, Pinzás, A Penouta... son os nomes das ameazas, en proxecto ou reais, que mañán poderían transformarse en catástrofes como Aznalcóllar e Baía Mare (Romenia).

E isto pode acontecer porque malia a qoe o estado Español non foi formalmente rescatado, unha troika perversa integrada polo capitalismo, a especulación e a corrupción fomenta que grandes empresas transnacionais, coa axuda dalgúns políticos cómplices, apliquen tamén o seu modelo neo-colonial de explotación e apropiación dos nosos recursos naturais. Estes proxectos agresivos, cunha forte compoñente especulativa debido ao alto prezo que estas materias primas están a acadar nos mercados, esquecen á poboación local ou millor dito, extírpana das súas terras para poder apropiarse da súas riquezas e da súa vida.

Non só algúns recursos concretos están ameazados polo expolio (ouro, terras raras, wolfram, coltán...), son tamén os chamados servizos ecosistémicos os que están en xogo. Os servizos que nos prestan os ríos, pola súa capacidade de fornecernos de auga e de depurar (aotodepurar) a contaminación; os bosques (captura de CO2 e sustento da biodiversidade); as montañas (captción de auga e regulamentación do ciclo hídrico); ou as costas (amortecemento dos impactos do cambio climático e berce de recursos alimenticios), entre outros, están tamén ameazados.

Porque GALIZA NON É UNHA MINA, acode a Compostela este 2 de xuño (Alameda, 12h) en defensa da túa terra.

Ligazóns: MANIFESTO MINARÍA ALIANZA RURAL GALEGA

Volver

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA