Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Palestra sobre a Lei de Augas na UdC
Xoves, 31. Marzo 2011, 16:00
Dentro da campaña de sensibilización “Mes da Sustentabilidade”, Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza unha mesa redonda na que abordaranse, entre outras cousas, os puntos controvertidos da nova Lei de Augas de Galicia, vixente dende finais de 2010. O obxectivo é achegar á poboación en xeral e máis concretamente á universitaria o debate que está tendo lugar sobre un tema clave dende o punto de vista social e ambiental como é a xestión da auga.

Co obxectivo de poñer algo de luz, aportar o maior número de opinións e tocar moitos dos puntos de vista que se están a dar no debate, ESF Galicia conseguiu reunir para este evento a algunhas das persoas máis implicadas nese debate e tamén a algúns expertos e organizacións que poden aportar novas visións:

*    D. Francisco Menéndez, Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia
*    D. Joaquín Suárez, Dr. Enxeñeiro de Camiños, profesor na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños e membro do GEAMA.   
*    D. Manoel Docampo, membro da dirección executiva do Sindicato Labrego Galego.  
*    Dna. Montserrat Valencia, asesora xurídica da Asociación Amigos da Terra.    
*    D. Xosé Alfredo Pereira, Presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común.  
*    Representante da empresa privada de xestión e tratamento de augas.

A cita será o xoves, 31 de marzo de 2011 ás 16:00h na Sala de Graos 1 da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña (Campus de Elviña, s/n. 15.071 – A Coruña).
Contacto : http://galicia.isf.es/)

Volver

logo-plataforma-burgo

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA