Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
5/5/12 Ligando os pontos: Día de impactos climáticos
Sábado, 5. Maio 2012, 10:30

Seca + mala xestión = incendio

    Saturday, May 5, 10:30 AM Fragas do Eume , A Capela
    Os causantes do incendio que sufriron as Fragas do Eume o pasado día 31 de marzo foron: a mala xestión deste Parque Natural (aínda a día de hoxe sen plan de usos e xestión), e a forte seca que sufriu esta primavera Galiza. Esta forte seca foi tamén un dos factores causantes da vaga de lumes en espazos protexidos (Xurés, Macizo Central, Ancares, etc) que sufriu Galiza durante esta primavera, aínda que tamén influíron en boa medida os recortes da Xunta de Galicia na prevención e extinción de incendios. Esta seca é unha situación meteorolóxica inusitada que está provocada polo proceso de mudanza climática na que está o noso planeta.

O evento consistirá nunha concentración nunha das zona afectadas polo incendio das Fragas do Eume. Ás 10.30h da mañá quedaremos diante do concello da Capela para as 11h ir até O Parrote (na central hidroeléctrica vella). Se o tempo acompaña faremos un pequena andaina pola zona comprobando o estado no que está a zona queimada.

Máis info: http://www.climatedots.org/pt/

Localización : http://act.350.org/event/impacts_pt_attend/2923#

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA