Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Primeiro roteiro de ADEGA-Lugo pola lingua: ao Courel con Novoneyra
Domingo, 7. Novembro 2010, 09:00

O primeiro roteiro deste curso 2010-2011 dedicado á lingua galega non podía ir a outro lugar máis que aquel onde naceu o grande poeta, este ano conmemorado no Día das Letras Galegas, Uxío Novoneyra. O 7 de novembro iremos ata a Serra do Courel. A camiñada rematará na Festa da Castaña de Folgoso.

Comezaremos a camiñada no vello Souto de Parada polo que subiremos ata a casa do poeta Uxío Novoneyra e tamén ata a escola na que María Mariño, outra das escritoras máis representantivas desta montaña, daba clase. Camiño da Lomba, baixaremos ata a FONTIÑA do Carabel/ Auga branca/ Nacia ó pé dunha faia/ Teñe que ter bon beber/ Fontiña do Carabel/ Que das xusto o que un pode beber… Logo pasaremos pola aldea máis grande da Serra, Ferreirós de Arriba da que destaca o seu magnífico Souto e o Pico de Penaboa, pendurado baixo o Piapáxaro. Antes de chegar ao remate do percorrido en Folgoso, asomarémonos ao Pico do Coto que colga en vertical 600 metros sobre o río Lor.

O roteiro é de aproximadamente 12 quilómetros e de dificultade media-baixa. Os primeiros 4 quilómetros discorrerémolos costa arriba e logo o camiño suavizarase ata o último quilómetro para subir ao Alto do Muimento. Ao remate da camiñada unirémonos á FESTA DA CASTAÑA de Folgoso do Courel.

Colabora con ADEGA Lugo para a preparación e realización deste roteiro SOS Courel.

 

DOMINGO, 7 de NOVEMBRO de 2010

Normal.................................................................................... 15 €

Estudantes, xubilad@s e no paro................................................12 €

Soci@s.................................................................................... 10 €

Ata 17 anos............................................................................... 5 €

O autobús sairá de diante da Escola de Maxisterio ás 9 h. Prégase puntualidade.

Imprescindible anotarse previamente chamando ao 679113718 ou ao 982240299.

Leva roupa e calzado axeitados e comida para o camiño. O bo humor é cousa de tod@s.

 

PRÓXIMOS ROTEIROS DE ADEGA LUGO:

28 Novembro: As verbas e a música das augas caídas (Val de Lóuzara, Samos)
19 Decembro: A Educación ao son da Natureza (Lugo)
23 Xaneiro: Pola terra do Señor das palabras (A Chaira)
20 Febreiro: Camín d’as Eiras (Taramundi)
20 Marzo: “Toda humilde beleza me namora…”(Mondoñedo)
17 Abril: Modelo Burela (Burela)
29 Maio: “Feros corvos do Xallas…” (Costa da Morte)
26 Xuño: “Vendo-os assim tão pertinho…” (Valença-Monçao)

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA