Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Homenaxe ás persoas crentes comprometidas coa defensa da Terra
Sábado, 22. Setembro 2012, 17:00

Moncho Valcarce, cura das EncrobasPromovido por ADEGA, a Asociación O Galo de Santiago, a Asociación Irmandade Moncho Valcarce e diferentes entidades cristiás,  vaise celebrar o próximo día 22 de Setembro, ás 5 da tarde, un acto en homenaxe ás persoas crentes comprometidas na defensa da Terra.

O acto terá lugar na Eira da Xoana, unha casiña que ADEGA ten no centro xeográfico de Galiza, en Ramil, concello de Agolada.

PROGRAMA:

14.30 h => Xantar preparado na casiña. O prezo por persoa será de 12 € (10 € soci@s).

17.00 h => Inauguración dunha placa nun monólito. Intervencións de diferentes persoas e colectivos relacionados co tema. Ofrenda floral e intervencións musicais.

19.30 h => Remate da actividade.

NOTAS:

  • A xente que queira xantar deberá anotarse antes do venres día 21. Para facelo contactar con Pepe ou Marcial .
  • Ao longo do día, proxectarase o audiovisual “NA DEFENSA DA TERRA”, con imaxes de Carlos Varela (1945-1980) sobre as loitas nas Encrobas, Baldaio e Xove.
  • ATENCIÓN: Haberá un rali que ocupará as estradas secundarias desde as 9 até as 13,45 horas o que dificultará o acceso á Eira.
Contacto : http://eiradaxoana.blogaliza.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA