Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
V limpeza simultánea dos ríos galegos
Domingo, 30. Setembro 2012, 09:00
limpeza.jpgVolvemos a mollarnos polos ríos, poñemos as botas e pretendemos deixalos libres do lixo que segue a aparecer nas nosas ribeiras e ríos. Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estén ben conservados.

Este ano será xa a V Limpeza Simultánea en ríos de toda Galiza, que se celebrará o domingo 30 de setembro. Nuns dias poderedes consultar toda a información na páxina web http://limpeza.proxectorios.org/.

O noso obxectivo ao concienciar á cidadanía é evitar nun futuro actividades coma esta, sería marabillosos que non foran necesarias. Pero tristemente isto non acontece, así que poñemos as botas e nos diriximos ao río máis próximo para facer deste día unha xornada de lecer, voluntariado, e conservación do medio ambiente aportando o noso pequeno gran de area, cada quen no seu río.

Como en anos anteriores o Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademais de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar.

Alén disto tamén repartiremos as tradicionais camisetas para o voluntariado, e editaremos unha nova sección na páxina web de Proxecto Ríos específica para a limpeza, onde se indican os concellos colaboradores e as entidades participantes. Se realizará tamén unha rolda de prensa inicial antes do evento e tentaremos que teña a máxima difusión posible nos medios de comunicación.

É fundamental nesta xornada a implicación dos concellos, para que garantan a recollida do lixo extraído, e axudar co material necesario así coma cos seguros. Animamos aos participantes a pesar o lixo retirado e a difundir no propio concello a idea de que o río non é un vertedoiro.

As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfone do/a coordinador/a de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza, ou ao local nacional (981 57 00 99).

Localización : http://www.proxectorios.org/index.php

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA