Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
II festa revolta no Courel
Venres, 10. Agosto 2012, 22:00

 Festa da RevoltaII Festa Revolta no Courel

SOS Courel. Paremos a desfeita. O vindeiro 11 de Agosto en Froxán (Folgoso do Courel) vaise celebrar unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial, e que seguen reivindicando a creación do Parque Natural do Courel. Queremos apoiar a toda esa xente, veciños, veciñas, amigos e amigas que traballan na elaboración de estratexias para acadar un desenvolvemento sostible que evite o despoboamento e perda dos valores naturais e culturais dunha zona de montaña que é por riba de todo un ben común que debemos preservar para as xeracións futuras.

Por iso facemos un chamamento para participar na campaña de defensa da serra cando máis o precisa. Queremos convidar a todos e todas as cidadás a unha xornada festiva de loita que terá lugar o vindeiro 11 de agosto en Froxán, con diversas actividades artísticas e ecolóxicas, na que diversos e diversas artistas do país pasarán revista en clave cómica retranqueira á situación na que se atopa a Serra perante a cobiza e a comenencia duns poucos e a complicidade doutros tantos. Trátase tamén de crear un nó de atención cultural fóra dos circuítos habituais, modificar o mapa de festivais, optar por un traballo de colaboración entre veciños e axentes culturais. Pois xa que o poder político, baixo calquera das súas aparencias, non parece aprestarse a servir ao ben común e cumprir coas súas obrigas como garante do noso patrimonio natural e cultural, só aos cidadáns e cidadás nos compre erguer defensas e loitar pola súa preservación coas armas que nos son dadas: o humor e a intelixencia.

Programa provisional:

Venres 10 agosto 2012

22,00h. Proxección do documental "Nacional VI" de Pela del Álamo + jam session

Sábado 11 agosto 2012

11,00h. Alborada, a cargo de Mónica de Nut

11,30h. Roteiro Natural pola contorna de Froxán, con intervencións artísticas.

14,00h. Sesión Vermú: Os da Ría + convidados.

17,30h. Alén da Onda, radio en directo.

18,30h. a 20,30h. Artes vivas para todos os públicos: Pablo Trasno (malabares), El Retrete de Dorian Gray (teatro de obxectos).

19,00h. Faladoiro sobre parques naturais e desenvolvemento rural.

22,00h. Ultranoite SOS Courel, con participación de Chévere, Os Sancaetanos, Os da Ría, Carlos Santiago, Mónica García, Expo e a Ultrabanda (Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián, Max Gómez).

Todo o día. O bosque obsérvate, exposición de fotografías de Gabriel Tizón.

Na mesma aldea de Froxán habilitarase unha zona de acampada para toda a xente que queira facer noite. Tamén haberá postos de comida durante o día. Todas as actividades son de balde. A organización e financiamento desta festa corre a cargo dos veciños e veciñas de Froxán, da Asociación Cultural Fonte do Milagro de Froxán, da Asociación SOS Courel e dos propios artistas participantes, sen subvencións públicas. A colaboración das persoas asistentes será fundamental para viabilizar este tipo de proxectos.

Localización : http://redenasa.tv/gl/axenda/evento/0f8cd4a0535c/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA