Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Voluntariado ambiental en Porto do Son (Conservando as nosas Dunas)
Xoves, 19. Xullo 2012, 08:00 - 17:00

O xoves 19 de xullo, ADEGA organiza unha xornada de voluntariado ambiental na praia da Areas Longas no concello de Porto do Son, co cal ADEGA ven de firmar un convenio de Custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello. 

17.grupo cana

Esta praia posúe un ecosistema dunar ben conservado, e dúas lagoas litorais (pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo) nas que xa se traballou anteriomente en campos de voluntariado do mesmo tipo (Móllate polos Humidais). Os protocolos de eliminación de invasoras recomendan traballar continuadamente (un mínimo de 3 a 5 anos) para acadar bos resultados, é por iso que será a terceira vez que un grupo de voluntariado se desprace a este paraxe para conseguir frear a ameaza das especies invasoras. 

Programa da xornada:
9.00h          Saída dende Santiago de Compostela             
10.00          Chegada á praia de Areas Longas (Porto do Son)
10.15          Presentación da actividade
10.40          Roteiro pola Praia e as lagoas
12.00          Comezo dos traballos de eliminación e limpeza
14.30          Xantar
16.00          Continuación dos traballos
18.30          Remate dos traballos, toma de datos e foto de grupo
19.00          Regreso

Esta é unha actividade gratuíta onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte (dende Compostela) e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar en calquera das dúas xornadas poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo.

Máis info:
Lucía Parente
Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Tlf: 981 57 00 99

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA