Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Conversarrios 2011 - Visita ás redes de seguemento fluvial
Mércores, 9. Novembro 2011, 16:30

En Galicia existen dúas Redes para o seguemento do estado de saúde das masas de auga. Unha é a chamada Rede CAVE, xestionada por Augas de Galicia e a outra é a Rede SAICA, dependente da Confederación Hidrográfica Miño Sil. Estas redes, teñen como obxectivo principal proporcionar información sobre a calidade das augas continentais superficiais, e optimizar a súa utilización e dispoñibilidade controlando aqueles treitos que teñan especial interese. Alén de utilizarse como método de vixilancia, son unha ferramenta esencial para a detección de vertidos.

 

Rede CAVE – Augas de Galicia
É unha rede de Calidade de Augas e de Control de Vertidos ao Dominio Público Hidráulico para o control e Vixilancia dos ríos. Conta cun total de 39 estacións distribuídas nas bacías de Galicia Costa.

Rede SAICA – Confederación Hidrográfica Miño-Sil
Ao igual que a Rede CAVE permite o diagnóstico de calidade das augas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Dispón na conca do Miño-Sil de 13 estacións automáticas de Alerta (EAA).

Dende Proxecto Ríos consideramos moi interesante coñecer o funcionamento destas dúas redes que velan pola saúde dos nosos ecosistemas fluviais. Por iso, enmarcadas dentro do programa Conversarríos 2011, programamos dúas visitas a puntos de control das dúas redes.

O día 9 de novembro en Santiago de Compostela a visita será no río Tambre ás 16:30, onde nos explicarán o funcionamento dunha estación da Rede CAVE.

O día 10 de novembro nos achegaremos ata a provincia de Ourense (ás 16:30) onde coñeceremos outra estación de control localizada no río Miño, neste caso da Rede SAICA.


Localización : http://www.proxectorios.org/index.php?option=com_content&task=view&id=239&Itemid=29
Se estás interesado/a en asistir a estes Conversarríos podes contactar con Proxecto Ríos (escribindo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou chamando ao 981 57 00 99). É unha actividade gratuíta. Iremos en coches particulares que se poden compartir.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA