Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Actividades da Eira da Xoana: sega en Albá
Sábado, 13. Agosto 2011, 10:00

SÁBADO 13 DE AGOSTO: SEGA EN ALBÁ (ALDEA DE ARQUEIXAL)

Na aldea arqueixal sementouse centeo do país no inverno. Agora son horas de apañar o froito e gozar dese momento de traballo comunitario, para o que se recomenda vir ataviados de chapeu de palla e pano na cabeza ( mulleres) e no pescozo ( homes), xunto con outras vestes propias do traballo.


PROGRAMA:

10.00 h => Encontro na Eira para irmos todos xuntos a Albá

10.30 h => Chegada á aldea Arqueixal

11.00 h => Comezo da sega

14.00 h => Remate da sega ( ás 12 meteremos un bocado, serviranse produtos ecolóxicos da aldea)

14.30 h => Traslado á Eira da Xoana, onde xantaremos de convivio coma sempre

16.00 h => Traballos comunitarios de acondicionamento na Eira,  e visita ás Torrentes, onde quen queira podese bañar nas súas pozas

NOTAS:

  • Esta actividade é gratuíta e débese confirmar a asistencia.
  • Só lembrar que na aldea hai unha tenda con produtos ecolóxicos ao dispor de quen queira mercar.
  • Se alguén estiver interesado pode ficar a xantar  na aldea (prezo 20 euros) e/ou durmir nas súas casas de aluguer (chamar antes) Reservas : tel.- 982 380 251 ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Localización : http://eiradaxoana.blogaliza.org/

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA