Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Mercado ecolóxico pola defensa da Terra en Quilmas
Sábado, 16. Xullo 2011, 10:00
Dende a Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas, convidarvos ao Mercado Ecolóxico  pola Defensa da Terra que vai ter lugar o sábado 16 de xullo durante todo o día. Estamos a preparar diversas actividades simultáneas, pero o principal  é que haberá unha mostra de produtos agrícolas e de artesanía local, así coma de música e gastronomía todo pola defensa da terra, pola defensa d@s que a traballan e a coidan...e a desfrutan e protexen. Tamén o mercado basea a súa existencia na autohomenaxe á loita que se está a levar a cabo pola xente de Quilmas e doutros lugares en contra das ampliacións e novas plantas piscícolas.


O mercado terá un ambiente festivo e que servirá para que tod@s disfrutedes do Lugar, do seu patrimonio (cabaceiras, muíños, praias, agras e rotas polo monte) e das xentes e a realidade que se está vivir acó.

Durante toda a xornada do sábado 16 de Xullo, MERCADO ECOLÓXICO POLA DEFENSA DA TERRA,  no que haberá ao redor de 20 postos onde labregas/os e artesás/áns da Comarca exporán os seu produtos.

RELACIÓN DOS EXPOSITORES

Alimentación
Cooperativa de Agricultura Ecolóxca Raíña Lupa - Horta Ecolóxica,fariñas, patacas, conservas, mel e pan.
Cooperativa Senra - A Estrada - Horta ecolóxica e mel.
Finca da Cora - A Estrada - Horta ecolóxica, pasteis, galletas, conservas....
Dolores - Teo - Horta ecolóxica e rosquillas
Xulio e Belén - Cambre - Pan e repostería ecolóxicas
Equisol - Santiago - Comercio Xusto
Menduíña - Cangas - Cervexa artesá
Chus - Ulloa - Queixos
Pulpeira Ánxel - O Carballiño - polbo

Apicultura
Comunidade de Montes de Caldebarcos e San Cibrán - Carnota - Mel
Santi e Carmen - Louro - Mel

Artesanía
Charamusca- Artesanía en cartón pedra- Carnota
Nacho Porto- Cerámica- Carnota
Bolatola- Xabróns e cremas artesás- Carnota
Cesteiro de Rois- de xestas, carqueixa, etc...- Rois
Cesteiro de Portosón- Bimbio e ferramentas- Portosón
Charo- Cerámica- Carnota
Tani- Coiro- A Ulloa
Susana- Cerámica- O Courel
Cristina- Cremas, xabróns con ingredientes naturais- O Courel

Postos informativos
Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca (A Coruña)
Asociación Monte Pindo Parque Natural (Carnota)
ADEGA (Galiza)
Sindicato Labrego Galego (Galiza)

ACTIVIDADES:
-Presentación do libro "MADEIRA DE MULLER" escrito por Adela Figueroa Panisse, vocal de transportes de ADEGA as  ilustracións foron realizadas por Celsa Sánchez Vázquez.
-Degustación de tomates, mel e pan.
-Música en directo con diversos grupos que amenizarán a xornada.
-Visita guiada ás terras da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica  RAÍNHA LUPA de Quilmas.

Tamén haberá postos onde mercar o xantar e  poder desfrutar o día enteiro en Quilmas e coñecer a súa contorna.

LOCALIZACIÓN
Praza da Festa de Quilmas (no centro do Lugar), durante todo o día.

Contactos para expositores ou visitantes:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
697 364 124
981 760 227

Mercado_Quilmas

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA