Adega
INICIO Actividades
Calendario de eventos Email help
Flat View
Ver ano
Vista Mensual
Ver mes
Weekly View
Ver semana
Daily View
Ver hoxe
Categories
Ver categorías
Search
Buscar
Presentación do Informe Anual do Estado de Saúde dos Ríos Galegos
Venres, 14. Xaneiro 2011, 12:00
inspeccion.jpgO 14 de xaneiro de 2011 ás 12.00h, o Proxecto Ríos presentará o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos na Sala Circular do Auditorio de Galicia.

No informe do estado de saúde dos ríos galegos, recollese o estado dos ríos galegos, froito das analises efectuadas nas campañas de primavera e outono, polos distintos grupos de voluntarios/as do país. Este documento proporciona unha instantánea da situación ambiental dos nosos ríos.

Este ano puxemos en marcha cambios significativos na metodoloxía de inspección do Proxecto Ríos, para adecuala aos requirimentos da Directiva Marco da Auga, editando un novo manual de inspección e unha nova ficha de invertebrados. Pese á demora que supuxeron estes cambios, a resposta dos grupos participantes foi moi boa, cousa que dende o Proxecto Ríos queremos agradecer porque entendemos que o esforzo que fixo o voluntariado foi excepcional.

Por iso este informe ten valor dupla, xa que supón unha clara superación de obxectivos por parte do voluntariado participante na vixilancia dos ríos galegos.

Volver

Redes sociais

adegafacebook

twittergal



ADEGA